Zimbabwe: alarma ante a intimidación das testemuñas da Comisión da Enquisa da OIT
A CSI manifestou a súa alarma ante a presunta intimidación de que son obxecto as posibles testemuñas para a Comisión de Enquisa da Organización Internacional do Traballo por parte da tristemente célebre Organización Central de Intelixencia (CIO, polas súas siglas en inglés) de Zimbabwe. A Comisión de Enquisa, un procedemento de alto nivel da axencia da ONU ocupase das cuestións relativas ao traballo, iniciouse debido ao terrible historial do réxime de Mugabe con respecto aos dereitos laborais, coñecido pola represión especialmente violenta dirixida contra o movemento sindical do país dende fai varios anos.
As posibles testemuñas da Comisión da Enquisa foron abordadas por axentes da CIO, tratando de intimidalos co fin de evitar que declaren ante a Comisión. Un sindicalista foi detido pola CIO e foi obxecto de ameazas. Trala súa liberación, foi seguido por persoas non identificadas.
“Está comezando a instaurarse unha práctica de acoso e intimidación e temos temores fundados pola seguridade das posibles testemuñas. O réxime, ou elementos incontrolados baixo a súa responsabilidade directa, parecen estar tratando de socavar a realización desta importante Comisión de Enquisa. Debe deixar de facelo inmediatamente e a comunidade internacional debe tomar as medidas necesarias para garantir que os interesados poidan prestar declaración sen temor pola súa propia seguridade ou a das súas familias e compañeiros" declarou o Secretario Xeral da CSI Guy Ryder.

No hay comentarios:
Publicar un comentario