27/4/09

A reunión de ministros de Agricultura do G8 non está á altura das necesidades dos que teñen fame no mundo.

Aínda cando a reunión de tres días dos ministros de Agricultura do G8, na cidade italiana de CIson di Valmarino, comprometeuse a prestar apoio á seguridade alimentaria, examinar os efectos adversos da especulación sobre os alimentos e indagar se deben volver a restablecerse ás existencias mundiais de graos para facer fronte a situacións de emerxencia humanitaria e a inestabilidade dos prezos, non se puxeron sobre a mesa promesas reais nin financiación. “Ao seguir baseándose nas mesmas estruturas de mercado xa desacreditadas e en enfoques que foron algúns dos factores causais da crise alimentaria o ano pasado, os ministros de Agricultura do G8 non tomaron suficientes medidas para evitar que se repita unha nova crise alimentaria nun futuro próximo", afirmou o Secretario Xeral da CSI Guy Ryder.
Sorprendentemente, a reunión do G8 chegou á conclusión de que a produción mundial de alimentos debería aumentar para permitir a tódolos cidadáns ter acceso a alimentos sans e nutritivos. Nembargante, o informe da CSI, Receita para pasar fame. O fracaso do mundo respecto á alimentación
http://www.ituc-csi.org/IMG/pdf/Food_crisis_ES_.pdf mostrou que o maior problema actual non é a dispoñibilidade, senón a accesibilidade dos alimentos. O crecente número de aqueles e aquelas que teñen fame a miúdo son traballadores e traballadoras pobres que se ven privados dos seus dereitos sindicais e outros dereitos humanos así como a falta de medios económicos e sociais para manter unha subsistencia decorosa. Necesitan maiores ingresos, dereitos garantidos e acceso seguro aos alimentos e ás redes de seguridade social no caso de que deba remediarse a problemáticas como a inseguridade alimentaria e a crecente pobreza. “A crise alimentaria é unha testemuña do fracaso das políticas anteriores aos traballadores e traballadoras e a urxente necesidade de centrarse na demanda” sinalou John Evans. Secretario Xeral da Comisión Sindical Consultiva (TUAC) ante a OCDE. Ron Oswald, Secretario Xeral da Federación Sindical Mundial UITA, que representa aos traballadores no sector agrícola, sinalou que “o fame cada vez maior e máis crónica que existe no mundo nunca se debeu a un problema de dispoñibilidade de alimentos, senón ao acceso aos alimentos, inclusive para aqueles que os producen, pero aos que cada vez é máis imposible permitirse sequera o mínimo necesario para a vida e a saúde. Mentres que máis de mil millóns de homes e mulleres pasan fame, se nos ofrecen fórmulas manidas. Unha vez máis non se puxeron sobre a mesa os problemas reais: quen gaña e quen perde no actual sistema alimentario e as medidas necesarias para alimentar á poboaci´n en vez de facer beneficios.”
“ Os dereitos e os intereses da poboación deben seguir sendo prioritarios na axenda internacional ademais de ser promovidos, ao tempo que se incrementa nas inversións na agricultura e o desenvolvemento rural. A produción sostible de alimentos e o crecemento económico fai necesario promove ro emprego decente ev erde para todos. Esta mensaxe debes er aceptada polos líderes dos países do G8 cando se reúnan en xullo” concluíu Guy Ryder.

No hay comentarios:

Publicar un comentario