28 de abril: Sindicatos mundiais reclaman medidas que poñan fin á carnicería nos lugares de traballo.
Esperase que máis de 14 millóns de persoas participen nunhas 10.000 actividades por todo o mundo no día de hoxe, a Xornada Internacional de Conmemoración dos Traballadores e Traballadoras Mortos e Lesionados. Tódolos anos morren máis de 2,2, millóns de traballadores e traballadoras por accidentes e enfermidades laborais, e uns 160 millóns máis resultan feridos ou enferman.
Segundo a OIT, observase nestes últimos anos unha clara tendencia ao aumento do número de vítimas mortais e lesionadas no traballo.
Únicamente en 2003, rexistráronse máis de 337 millóns de accidentes de máis de 4 días de ausencia laboral (é o ano máis recente para o que se dispón de estatísticas mundiais). No mesmo ano 2,31 millóns de persoas perderon a vida por enfermidades no lugar de traballo e os 358.000 accidentes mortais que se produciron. O número rexistrado de mortes causadas por sustancias perigosas é case o dobre do de 2001.
“En moitos países, as leis que protexen a saúde e seguridade dos traballadores e traballadoras son frouxas ou apenas se impoñen. A neglixencia por parte dos empregadores que non se aseguran de que os seus lugares de traballo sexan seguros e sans é a principal causa do tremendo número de mortes e enfermidades, e tememos que a crise económica mundial non faga máis que empeorar a situación, dado que os empregadores están intentando recortar aínda máis gastos. Prever é a única resposta, e iso require que os empregadores invistan nun traballo seguro e sostible, e que os e que os gobernos establezan lexislacións adecuadas e aseguran a súa aplicación. A organización sindical proporciona unha primeira liña de protección para os traballadores e traballadoras, mentres que a violación destes dereitos implica máis mortes e lesións”, dixo Guy Ryder, Secretario Xeral da CSI.
As organizacións sindicais, gobernos, empregados e outros moitos organismos como a OIT así como un amplo espectro de organizacións profesionais e non gobernamentais, e incluso algúns empregadores, están organizando actividades en países por todo o mundo. As cifras e os ámbitos das actividades excederán aos de 2008 – que xa foi todo un récord – no que participaron centos de miles de afiliados e afiliadas sindicais e organizacións de campañas de máis de 120 países.
Moitas das actividades, como obradoiros, debates e concentracións, estarán centradas en accidentes profesionais, cánceres, sustancias químicas e contaminantes específicos como o asbesto e o cadmio, xunto cunha grande variedade de condicións laborais insalubres, dende niveis de ruído prexudiciais ata trastornos musculoesqueléticos, efectos do estres e preocupacións acerca da nanotecnoloxía.
Para unirse ao grupo de Facebook do 28 de abril:
http://www.facebook.com/group.php?gid=170025585213&ref=nf
Visite á páxina web conxunta da CSI, a Agrupación Global Unions e Hazardsk, do 28 de abril, en: http://www.hazards.org/wmd/
No hay comentarios:
Publicar un comentario