Durban II: A CSI reafirma os eu compromiso coa eliminación de tódalas formas de discriminación.
Bruxelas, 28 de abril de 2009: A pesar dos numerosos incidentes e incertezas, a Conferencia da avaliación dos progresos realizados trala Conferencia Mundial contra o Racismo, a discriminación racial, a xenofobia e a intolerancia que se celebrou en Durban, Sudáfrica, en 2001, tivo efectivamente lugar e levou a cabo o seu programa tal como estaba previsto.
O movemento sindical internacional conseguiu mobilizar convenientemente as súas organizacións sindicais, nacionais e sectoriais. A CSI era consciente de que tiña que estar presente na Conferencia a fin de reafirmar o seu compromiso e a súa determinación para coa eliminación de tódalas formas de discriminación e a fin de brindar a súa solidariedade a tódalas vítimas desta praga, quen non son ni moito menos entidades abstractas senón seres humanos, traballadores e traballadoras, homes e mulleres cuxos dereitos son violados.
Fronte á constante ameaza dun posible fracaso, e dado o contexto actual, o sindicalismo internacional considera un punto positivo o feito de que a Conferencia se celebrara e sobre todo que un texto haxa sido aprobado. O movemento sindical internacional apoia o texto pero indicou, non obstante, que lamenta que determinados grupos vulnerables ao racismo, a xenofobia e á discriminación haxan sido apartados das preocupacións reflectidas no texto. Tal é o caso de grupos discriminados pola súa pertenza a unha casta determinada, a súa orientación sexual ou incluso o seu sexo. Tamén lamentamos que o traballo decente e os seus Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio non se percibiran como os eslavóns que permitirían liberarse das trabas do racismo e da xenofobia.
Os sindicalista presentes comprometéronse a seguir vixiando aos gobernos que non firmaran nin ratificaran nin aplicaran mecanismos internacionais como as normas internacionais do traballo da OIT, a Declaración dos Dereitos dos Pobos Indíxenas, os dereitos das persoas minusválidas ou os dereitos dos traballadores migrantes.
Así mesmo, o Documento final da DDPA (Declaración de Durban e o Programa de Acción) e da Conferencia do Exame de Durban permitirá ás organizacións sindicais presionar aos seus gobernos para conseguir garantir a tódalas persoas un traballo decente, boas condicións de traballo e un salario digno, e poñer fin á discriminación no mundo laboral, o verdadeiro xerme da discriminación racial. Os textos serán as ferramentas que permitan impeler aos gobernos a asumir as súas responsabilidades na loita contra a pero das ideoloxías e a súa erradicación, am esma que, erroneamente, pretende quen on todos somos iguais. Os sindicalistas se comprometeron a seguir loitando por unha sociedade que reflicte o mellor dan osa humanidade es obre todo loitar contra a instrumentalización política dos dereitos humanos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario