29/4/09

Estratexia África-UE – Qué pasou co traballo decente?

A “Troika” ministerial Unión Europea – África reúnese hoxe en Luxemburgo, polo que a CSI e a CES pediu de novo a inclusión das cuestións laborais nos debates sobre a estratexia África – UE.

“Os negociadores da estratexia non tiveron en conta o chamamento dos sindicatos no Cumio de Lisboa no 2007. Ignorar a mensaxe do movemento sindical resultaría aínda máis inaceptable vista a crise actual. A promoción e a protección do traballo decente é unha das principais respostas a esta crise”, afirmou o Secretario Xeral da CSI Guy Ryder.

En febreiro do ano pasado, a CSI, CSI-África e a CES adoptaron unha posición sindical común respecto á estratexia UE-África a raíz do Cumio Sindical UE-África en Lisboa, en Outubro de 2007. Esta posición, incluíu un chamamento para a participación sindical no proceso UE-África propiamente dito, presentouse á reunión de xefes de Estado e de Goberno que tamén se celebrou en Lisboa.

Declaración Sindical do Cumio UE-África, abril de 2009:
http://www.ituc-csi.org/IMG/pdf/2009-02-EU_Africa_Strategy.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario