14/4/09


SUSPENDESE A VII ROLDA DE NEGOCIACIÓNS DO ACORDO DE ASOCIACIÓN (AdA) UNIÓN EUROPEA-AMÉRICA CENTRAL

Bruxelas e Tegucigalpa- A VII rolda de negociacións Unión Europea- América Central, suspendese despois da decisión da delegación de Nicaragua de retirarse. Nicaragua planeou un Fondo Común de Crédito Económico Financeiro que non contou co apoio das outras partes da mesa de negociación.
Este proceso de negociación “foi duramente criticado por numerosos movementos sociais, organizacións sindicais, asociacións empresariais e ONGs de América Central e Europa pola falta de participación da sociedade civil e os impactos negativos do acordo. Consideramos que esta suspensión é unha oportunidade para que América Central avance no seu proceso de integración acordando as súas propostas e deberá permitir que se dea tempo para que se realice oportunamente o estudio de impacto socio ambiental” afirmou Annelie Andersson de Aprodev.
“É moi preocupante que no contexto actual de crise financeira e económica global, a UE non aprenda dos seus erros e siga empuxando a súa axenda “Europa Global” cara unha maior liberación comercial, que limita a capacidade normativa dos estados e pode afectar aos dereitos dos sectores sociais máis vulnerables en América Central” afirmou Erik van Mele de Oxfam Internacional.
Os intereses europeos están orientados cara un maior acceso para os seus investidores, á protección dos seus intereses comerciais, e a unha maior liberación de servizos. “Vemos con moita preocupación que á Unión Europea pretenda que as súas multinacionais teñan un trato nacional, incluíndo as compras gobernamentais, en detrimento das empresas de América Central” afirmou Martin Wolpold Bosien, Presidente de CIFCA. “Agora é o momento para repensar todo o acordo”
Segundo Charly Poppe, responsable de campañas de xustiza económica na rede Amigos da Terra Europa, “as estratexias europeas en materia de propiedade intelectual van introducir diferentes formas de patentamento da vida, nunha rexión con inestimable bio - diversidade, isto é desastroso para o ambiente, as comunidades campesiñas e os pobos indíxenas”.
A crise das negociacións constitúe unha oportunidade para impulsar un novo modelo acorde que promova o desenvolvemento sostible dos pobos, os dereitos humanos e a integración rexional. Segundo Dilcia Figueroa do Grupo Sur “A integración rexional é hoxe máis importante que nunca, en tal senso esperamos que a Unión Europea non vaia acometer un novo erro optando por negociacións comerciais bilaterais como ven facendo con outros países como Perú, Colombia e Ecuador”.

Máis información:

http://www.cifca.org/

Iniciativa de Copenhague para América Central e México

No hay comentarios:

Publicar un comentario