7/4/09

Manifesto para as eleccións ao Parlamento Europeo de 2009

En xuño de 2009, cidadáns e cidadás dos 27 Estados membros da Unión Europea (UE) elixirán aos seus representantes ao Parlamento Europeo para a lexislatura 2009-2014

Os/as eurodeputados/as electos/as terán que guiar tanto ao Consello Europeo como á Comisión Europea en moitos procesos importantes de toma de decisións. O resultado de ditas negociacións non debe frear o desenvolvemento centrado nos dereitos humanos nin para a cidadanía europea nin para aquelas persoas que viven fora das nosas fronteiras.

Nesta ocasión, CONCORD- que representa a máis de 1600 organizacións da sociedade civil que contan co apoio de millóns de cidadáns europeos/as- pide que o Parlamento Europeo e a sociedade civil traballen en asociación para abrir o camiño cara o desenvolvemento sostible.

Neste manifesto CONCORD identifica tres obxectivos esenciais para a Unión Europea: o desenvolvemento sostible, máis e mellor axuda ao desenvolvemento, e a rendicións e contas públicas democrática, e insta aos europarlamentarios/as que actúen a favor destes obxectivos.

A UE debe dotarse dunhas políticas sociais, económicas, comerciais e de seguridade que sexan coherentes e que promovan o desenvolvemento sostible así como a cidadanía responsable dos/as cidadáns tanto dentro como fora das nosas fronteiras, cunha atención especial á xustiza en materia climática e á igualdade de xénero.

Traballo digno

A metade da forza laboral do mundo gaña menos de 1 $ ao día. Tanto as persoas que viven nos países desenvoltos como as que viven nos países en desenvolvemento están traballando máis horas por menos diñeiro, o que obriga a un número crecente delas, a inmensa maioría mulleres, a gañarse a vida na economía informal, sen protección social nin dereitos. Mentres as empresas están deslocalizando a produción para baixar os salarios e circunvalar dereitos laborais gañados a pulso. Tan só un sistema internacional baseado na solidariedade e no respecto polos dereitos das persoas, tal e como están consagrados nas convencións de Nacións Unidas da OIT, poden poñer fin a estas tendencias.

Instamos as/os europarlamentarias/os a asegurar que a UE:

- Cumpra en maior profundidade, en tódalas súas relacións internacionais, coas oito convencións fundamentais da OIT, sobre todo en canto á liberdade de asociación negociación colectiva, e que alente a apoie a incorporación de ditas normas nos ordenamentos xurídicos nacionais, asegurando a posta en marcha e a aplicación de ditas norma, así como a promoción de salarios dignos, protección social universal, e a creación e protección de postos de traballo en condicións dignas;

- Sexa coherente nas súas políticas, identificando obxectivos e indicadores claves relacionados co traballo nos seus informes anuais sobre os ODM, respecto ao seu compromiso de cara tanto ao ODM1 como á axenda de traballo digno da OIT;

- Estableza, no seu compromiso coa rendición de contas das empresas, cláusulas sobre os dereitos laborais que estean baseadas nos principios reitores da OCDE sobre multinacionais na declaración tripartita da OIT sobre as multinacionais e a política social, declaración vinculante para as empresas da UE;

- Respecte e promova activamente as disposicións das convencións laborais fundamentais nas súas políticas de concurso e adquisición;

- Faga un seguimento activo da aplicación das convencións de traballo que se precisan para o sistema de preferencias xeneralizadas (SPG+) e que se comprometa a tomar os pasos necesarios para que as convencións se apliquen;

- Asigne recursos dentro das súas políticas de cooperación ao desenvolvemento para desenvolver e ampliar os sistemas de protección social, constrúa a capacidade institucional para aplicar as convencións de traballo da OIT, e permita tanto aos sindicatos como aos demais actores da sociedade civil implicarse autenticamente no seguimento efectivo do cumprimento por parte das institucións públicas, as entidades privadas e o empresariado;

- Leve a cabo os cambios lexislativos no marco do seu compromiso para coa igualdade de xénero, e desempeñe e alente programas de acción positiva para promover a igualdade no traballo e lograr a plena aplicación das convencións da OIT 100 sobre igualdade de remuneración e 111 sobre a discriminación.

COORDINADORA DE ONGD - ESPAÑA

A Coordinadora de ONG para o Desenvolvemento -España, é unha entidade sen ánimo de lucro, integrada por máis de 100 organizacións non gobernamentais que buscan a acción conxunta e coordinada na cooperación cos pobos do Sur.
CONCORD é a confederación europea de organizacións non gobernamentais que traballan no ámbito de desenvolvemento internacional, a axuda en situacións de emerxencia e a educación para o desenvolvemento. As accións nacionais e redes internacionais que forman parte de CONCORD representan a máis de 1600 ONGs que contan co apoio de millóns de persoas en toda Europa

Para ler o manifesto completo:

http://www.congde.org/uploads/documentos/0659de53c68d0a15abf0fe93c094e8a2.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario