Informe sobre as normas fundamentais do traballo na UE
O día de hoxe sae á luz un novo informe da maior organización sindical do mundo, a CSI, sobre as normas fundamentais do traballo na Unión Europea, para coincidir co Exame das Políticas Comerciais dos 27 países dos Estados membros da UE na OMC.
O informe destaca a ratificación por parte dos 27 países dos oito Convenios fundamentais do traballo, particularmente con respecto á discriminación contra os sindicatos, o dereito de folga e unha brecha salarial de xénero cada vez maior na maioría dos países.

Pese á plena ratificación, existen deficiencias nos Estados membros da UE tanto orientais como occidentais. É preocupante o crecente comportamento antisindical, que se plasma en actitudes hostís, ameazas, falta de cooperación na negociación colectiva e medidas disciplinarias contra os sindicalistas no sector privado e entre os principias empregados nacionais e internacionais, a pesar de que a discriminación antisindical está prohibida na maioría dos Estados membros da UE.
Ademais, como se observa no informe, algúns dos Estados membros máis antigos da UE, como Bélxica, Finlandia, Francia, Grecia e Reino Unido, puxeron en marcha novas medidas lexislativas que limitan severamente o dereito de folga, ou deixan aberta a interpretación da acción colectiva.
En situacións transfronterizas na UE, o Tribunal de Xustiza Europeo introduciu unha avaliación da proporcionalidade como criterio primordial para xulgar a legalidade dunha acción colectiva, o que é unha violación do dereito á liberdade sindical; unha evolución profundamente preocupante.
O informe tamén refírese á discriminación no emprego e a igualdade de remuneración, que aínda está moi estendida en moitos Estados membros da UE. A pesar das leis a favor da igualdade e trato, a discriminación salarial indirecta contra as mulleres segue sendo un grave problema, e en Europa, as mulleres gañan en promedio do 10 ao 30 por cento que os seus homólogos masculinos.
Por último, o informe observa con grande preocupación que aínda existe a discriminación no emprego, a educación e a vivenda contra a minoría étnica romaní en moitos dos Estados membros de Europa oriental.
Para ler o informe completo, visite: http://www.ituc-csi.org/IMG/pdf/CONFEDERACION_SINDICAL_INTERNACIONAL_1_.pdf
CONFEDERACIÓN SINDICAL INTERNACIONAL (CSI)
No hay comentarios:
Publicar un comentario