Cumio do G20:
Progresos respecto ao emprego e a posibilidade dunha nova globalización.
A declaración adoptada na reunión do G20 en Londres abre unha vía para que se estableza unha nova globalización, situando o emprego como elemento central e poñendo fin ás políticas falladas das últimas tres décadas, segundo a CSI e a Comisión Sindical Consultiva ante a OCDE (TUAC). Entre as principias decisións adoptadas no Cumio, figuran:
Un maior énfase na conservación e creación de emprego, concedendo un papel clave á Organización Internacional do Traballo para a supervisión dos acontecementos e o establecemento de futuras políticas económicas globais.
Regulación dos mercados financeiros e accións respecto aos paraísos fiscais e a remuneración de altos executivos.
Maior apoio as economías en desenvolvemento e emerxentes, reforma das institucións financeiras internacionais e reafirmación do compromiso para alcanzar os Compromisos do Desenvolvemento do Milenio.
Políticas para evitar as flutuacións económicas de “expansión e recesión” e apoio as actividades económicas contra-cíclicas.
Un compromiso renovado para facer fronte ao cambio climático coa promesa de alcanzar un acordo durante o cumio do clima en Copenhague en decembro de 2009; é elaborar unha nova carta para promover a actividade económica sostible.
“O G20 brindounos unha oportunidade para superar décadas de desregulación e restaurar o papel dos gobernos á hora de asegurar que as finanzas sirvan á economía real, que a súa vez deberá beneficiar aos cidadás. Seguen suscitándose enormes desafíos para chegar a restaurar o crecemento económico e o emprego, particularmente no que respecta á reforma das estruturas e políticas das institucións financeiras internacionais”
Comezou o Secretario Xeral da CSI, Guy Ryder. “Nos congratulamos en especial do papel mellorado que se lle outorgou á OIT, e resultará esencial para cumprir o compromiso contraído polo G20 de que o plan de recuperación teña realmente en conta as necesidades e os empregos dos traballadores e traballadoras. O Pacto Mundial sobre Emprego é un elemento clave para isto”. Engadiu.
John Evans, Secretario Xeral da Comisión Sindical Consultiva ante a OCDE (TUAC) acolleu favorablemente a decisión de introducir unha regulación financeira e bancaria, aínda que insistiu en que “os sindicatos han de ter a oportunidade de influír na estrutura e o funcionamento do novo Consello de Estabilidade Financeira, e ter acceso permanente á súa toma de decisións e o seu programa de traballo, incluíndo unha total transparencia e rendición de contas. Non podemos permitir que sexan os mesmos que nos meteron nese desastre os que se fagan cargo de sacarnos del”.
A labor da presión por parte dos sindicatos en todo o mundo, incluíu reunións con líderes do G20 nos días previos ao Cumio e tamén en Londres, constituíu un factor importante para lograr que o emprego estea incluído como unha prioridade absoluta no plan de reforma e recuperación, e que o G20 pedira á OIT que se encargue de “avaliar as accións adoptadas e as que poidan requirirse no futuro”.
A necesidade e a amplitude dun maior estímulo fiscal tamén segue sendo unha cuestión urxente, tendo en conta a escala e a profundidade da crise do emprego. Os gobernos deben comezar xa mesmo a prepararse para adoptar novas medidas de creación de emprego que deberán aplicarse nos próximos meses.
Aínda quedan por finalizar en maior detalle importantes aspectos do plan do G20 e a CSI, as súas afiliadas e a TUAC seguirán traballando duro durante as próximas semanas e os próximos meses para asegurarse de que as preocupacións e os intereses dos traballadores e traballadoras sexan plenamente respectados nos resultados que se adopten en todas estas áreas. Farase énfase particular na reforma das institucións financeiras e das súas políticas, en asegurarse de que os paquetes de estímulo e a financiamento ao comercio e ao desenvolvemento se traduzan en empregos decentes e sostibles, que os gobernos cumpran os seus compromisos sobre a axuda ao desenvolvemento e cambio climático, e en garantir que a OIT poida desempeñar o papel que lle corresponde, conxuntamente coas axencias financeiras e comerciais mundiais. O acordo do Cumio respecto á “ conveniencia dun novo consenso global sobre os valores e principios clave que promoverán a actividade económica sostible” e para iniciar as discusións para o establecemento dunha “carta para a actividade económica sostible” foi especialmente ben acollido polo movemento sindical internacional.
“Os resultados deste Cumio brindan unha auténtica oportunidade para comezar a construír unha globalización que sitúe en primeiro termo aos cidadáns. Aínda queda moitísimo por facer, e seguiremos presionando para que se coloque a seguinte fila de ladrillos ao longo do próximo Cumio do G20, que terá lugar este mesmo ano”, comentou Ryder.
CONFEDERACIÓN SINDICAL INTERNACIONAL (CSI)
No hay comentarios:
Publicar un comentario