COLOMBIA: GRAVE FAIA DE SEGURIDADE INDUSTRIAL NA MULTINACIONAL DRUMMOND
A CSI denuncia enerxicamente a situación na mina de carbón a ceo aberto A Loma, explotada pola empresa Drummond dende fai 13 anos. A falta de respecto pola vida e a seguridade dos traballadores custoulle a vida a Dagoberto Clavijo Barranco nun grave episodio, descrito polo Xerente de Recursos Humanos da multinacional estaonidense como “un accidente de tránsito”.
O Sindicato Nacional dos Traballadores da Industria Mineira e Enerxética, Sintramienerxética, non dubidou en responsabilizar á empresa pois este debeuse a unha grave faia de seguridade industrial, xa que Clavijo Barranco apenas levaba 32 días laborando, contratado a través dunha bolsa de emprego, sen haber recibido unha capacitación adecuada no manexo do vehículo cisterna, un equipo dos de máis risco na mina.
A totalidade dos 9 mil traballadores da multinacional estaonidense Drummond no área de operacións da Costa Atlántica, completaron onte o seu terceiro día de cese de actividade para protestar contra as malas condicións de seguridade industrial. Sintramienerxética esixe que a dirección da empresa estableza unha comisión paritaria para examinar os riscos de accidentes e que se tomen medidas preventivas, como o estipula a lexislación nacional e a normativa internacional. O sindicato reclama tamén que a Drummond se fixera cargo dos gastos funerarios do operario falecido.
A Central Unitaria de Traballadores de Colombia (CUT) manifestou ao Goberno Nacional a súa preocupación polo alto número de accidentes de traballo que se viñeron desenvolvendo nas empresas multinacionais. A CSI únese á súa organización rexional a CSA e á súa afiliada a CUT para condear esta falla de respecto á vida e á seguridade dos traballadores. “A seguridade dos traballadores é unha condición sine qua para o bo funcionamento dunha empresa”, dixo Guy Ryder, Secretario Xeral da CSI. “A actitude e falla de responsabilidade destas empresas multinacionais é inaceptable”.
Nunha carta enviada ás autoridades colombiana http://www.ituc-csi.org/IMG/pdf/muerte_en_Drummond_abril.pdf , a CSI insta ao Presidente Álvaro Uribe a tomar as medidas necesarias de protección dos traballadores e de fiscalización das empresas para garantir a seguridade nos lugares de traballo de conformidade coas leis nacionais e internacionais.
CONFEDERACIÓN SINDICAL INTERNACIONAL (CSI)

No hay comentarios:
Publicar un comentario