Cumio do G20: signos alentadores a favor da regulación financeira, as medidas necesarias para o emprego e a gobernanza mundial
As perspectivas en favor dunha verdadeira reforma financeira mundial no Cumio do G20 esta semana parecen alentadoras, acorde coa reunión que celebrou a delegación sindical internacional cos dirixentes mundiais en Londres. "Parece existir impulso para por en marcha a regulación da banca e as finanzas, elementos que os sindicatos estiveron intentando conseguir dende fai varios anos e que a crise mundial viñera a deixar claro que é absolutamente esencial”, declarou o Secretario Xeral da CSI Guy Ryder. Nembargante, aínda seguimos presionando firmemente para asegurar que os dirixentes mundiais recoñezan a urxente necesidade de facer fronte á enorme crise que atravesa o emprego como unha das prioridades de acción”, engadiu.
Unha discusión onte co Primeiro Ministro británico Gordon Brown foi descrita como “valiosa e construtiva” pola Presidenta da CSI Sharan Burrow. “O Primeiro Ministro británico, na súa calidade de anfitrión do Cumio, amosa valentía e audacia na preparación do G20, e compartimos o seu obxectivo de salvar e crear postos de traballo como elemento central do comunicado do Cumio. Este é un proceso complexo e difícil, pero co liderado do Primeiro Ministro Brown e outros xefes de Estado e de goberno que comparten a preocupación polos postos de traballo, nos mostramos optimistas de que poida lograrse un bo resultado”, engadiu.
O Primeiro Ministro de Australia Kevin Rudd, e Presidente de Sudáfrica Kgalema Motlanthe tamén fixeron onte fincapé na necesidade de medida sa favo rdo emprego nas súas reunións cos sindicatos, e se espera que este tema ocupe un lugar importante na orde do día dunha reunión que se celebrará máis tarde ese mesmo día co Presidente de Brasil, Lula da Silva.
Seguen sen resolverse algúns elementos clave nas negociacións entre os gobernos, en particular sobre a necesidade e o alcance dun maior número de paquetes de estímulo, e é probable que se propoña un novo Cumio do G20 a finais deste ano.
“Por primeira vez, os líderes mundiais buscan solucións concertadas para paliar unha profunda crise mundial. Os gobernos teñen aquí o poder de conducir a economía mundial polo bo camiño, e os instamos a que se poñan acorde en medidas de gran alcance para a recuperación e a reforma. Garantir o emprego e evitar o risco emerxente da deflación xeneralizada dos salarios deben encabezar a lista das medidas que é preciso tomar. Así mesmo, cremos que este Cumio do G20 debe establecer o marco para unha nova gobernanza mundial, onde a OIT desempregue un papel central xunto a unhas institucións financeiras e comerciais internacionais reformadas e responsables”, engadiu Ryder.
Tamén se entaboaron onte novas conversacións co Director do Fondo Monetario Internacional Dominique Strauss-Kahn e o Director Xeral da Organización Mundial do Comercio, Pascal Lamy.

CONFEDERACIÓN SINDICAL INTERNACIONAL (CSI)
No hay comentarios:
Publicar un comentario