Mauritania: presión para un retorno urxente á democracia.
“É urxente que toda a comunidade internacional no seu conxunto envíe un enérxico mensaxe para restablecer a democracia en Mauritania” declarou Guy Ryder, Secretario Xeral da CSI. Ante o temor de que esta inestabilidade poida dar lugar a un efecto dominó ante a rexión, a CSI tamén enviou unha petición á Organización das Nacións Unidas, a Organización Internacional da Francófona e, co apoio da confederación Europea de Sindicatos (CES), á Unión Europea.
Caber recordar que o 6 de agosto pasado, un grupo de militares tomou o poder e derrocou ao presidente democraticamente elixido. Dende entón as organizacións afiliadas á CSI en Mauritania (UTM, CGTM e CLTM) mobilizáronse a través da Coordinación de sindicatos democráticos para esixir a necesidade dun retorno ao Estado de Dereito.
Visto que a recente mediación da Unión Africana, na que non participou o movemento sindical, finalmente foi un fracaso, resulta aínda máis urxente resolver esta crise na media en que se observan actuación hostís ao exército das liberdades fundamentais. Despois do golpe do 6 de agosto de 2008, as autoridades están promovendo particularmente un proxecto de revisión do articulo 432 do Código do Traballo. Esta revisión, ao apuntar as sancións contra os dirixentes sindicais, afecta directamente e disuade o exercicio da liberdade sindical e da liberdade de expresión.
Para o movemento sindical, a resolución desta crise debe incluír necesariamente a celebración de eleccións presidenciais e lexislativas anticipadas, as cales deben ir precedidas da restitución do Presidente Ould Cheikh Albdallahi no poder. A participación das organizacións sindicais en toda posible resolución da crise tamén é un requisito previo. Estas medidas deben ir da man coa aplicación de sancións individuais contra todas aquelas persoas, tanto civís como militares, cuxas actividades teñan como finalidade manter o statu quo inconstitucional en Mauritania.
Agora é esencial que toda a comunidade internacional se incorpore á posición da Unión Africana”, afirmou Kwasi Adu-Amankwah, Secretario xeral da CSI-África. En efecto, a CSI-África está satisfeita de que trala súa intervención da semana pasada conxuntamente coa CSI, o Consello de Seguridade da UA se declarase, o 24 de marzo, a favor da aplicación de sancións aos membros da xunta, cun mes como prazo para finalizar a lista exacta das persoas sobre as que pesarán ditas sancións.
Carta da CSI a Abdou Diouf, Secretario Xeral da Organización da CSI a Abdou Diouf, Secretario Xeral da Organización Internacional da Francófonía: http://www.ituc-csi.org/IMG/pdf/2009-03-20_Letter_to_Abdou_Diouf_cc_Mauritanie.pdf
Carta da CSI á Unión Africana: http://www.ituc-csi.org/IMG/pdf/2009-03-20_Letter_to_African_Union.pdf
Carta da CSI a Ban Ki Moon, Secretario Xeneral da ONU: http://www.ituc-csi.org/IMG/pdf/2009-03-20_Letter_to_Ban_Ki_Moon.pdf
Carta da CSI a Louis Michel, Comisario europeo de Desenvolvemento e Axuda Humanitaria: http://www.ituc-csi.org/IMG/pdf/2009-03-20_Letter_to_Louis_Michel_cc_Mauritanie.pdf
Carta da CSI a Josep Borrell, Presidente da Comisión de Desenvolvemento do PE http://www.ituc-csi.org/IMG/pdf/2009-03-23-Josep_Borrell_-_Mauritanie.pdf
CONFEDERACIÓN SINDICAL INTERNACIONAL (CSI)
No hay comentarios:
Publicar un comentario