G-20: Sindicatos de todo o mundo lanzan un chamamento de acción urxente e de gran alcance
A Londres están acudindo esta semana dirixentes sindicais de todo o mundo para defender os seus argumentos ante o cumio do G-20 sobre a crise económica mundial. As ducias de reunións que, nos respectivos países, os líderes sindicais viñeron celebrando cos xefes de gobernos dende principios da semana pasada terán un brillante colofón coas reunións previstas o martes co primeiro ministro británico, Gordon Brown, anfitrión do cumio, e o mércores co primeiro ministro australiano, Kevin Rudd. O luns, en vésperas do cumio, os líderes sindicais mantiveron conversacións co presidente francés, Nicolas Sarkozy, o presidente do Goberno español, José Luis Zapatero, e o ministro de Finanzas alemán, Peer Steinbrueck.

A CSI urxe ao G-20 a intervir enérxica e concertadamente para dar un xiro á economía global e evitar futuras crises, impulsando un paquete de detalladas medidas contidas na súa declaración de Londres.
(http://www.ituc-csi.org/IMG/pdf/20090319121200-Microsoft_Word_-_G20_London_Declaration_FINAL-ES.pdf)
Elaborada pola CSI e a Comisión Sindical Consultiva ante a OCDE (TUAC). A declaración reclama unha intervención nas cinco áreas que se enumeran a continuación:
- un plan coordinado de recuperación e crecemento sostible pactado a nivel internacional e orientado á creación de emprego, a inversión pública e a loita contra a pobreza no mundo;
- axuda aos bancos insolventes e establecemento de novas regras financeiras.
- loita contra o risco de deflación salarial e medidas para poñer fin a décadas de crecentes desigualdades;
- actuación de grande magnitude en materia de loita contra o cambio climático;
- renovación do sistema de gobernanza económica mundial, a través da reforma das institucións financeiras e económicas internacionais (FMI, Banco Mundial, OCDE, OMC) e o protagonismo da Organización Internacional do Traballo
Tamén se celebran en Londres reunións con Dominique Strauss-Kahn, director xerente do FMI, e Pascal Lamy, director xeral da OMC. O pasado fin de semana mantivéronse conversas co director xeral da OTI, Juan Somavía, o secretario xeral da OCDE, Ángel Gurría, e os ministros de Traballo do G-8/G-14 reunidos en Roma.
Brendan Barber, secretario xeral da TUC, declarou o seguinte:
“os sindicatos de todo o mundo estamos unidos. Reclamamos un maior estímulo fiscal a través dun novo trato verde, un novo e estrito marco regulador capaz de evitar que o mundo das finanzas volva a poñer en perigo a estabilidade mundial e medidas contra as desigualdades nacionais e internacionais”.
“Estamos utilizando tódolos medios dispoñibles para alertar aos líderes do mundo sobre o grao de ira e frustración dos traballadores e as traballadoras ante o absoluto fracaso do capitalismo non regulado. A xente está pagando cos seus postos de traballo e medios de sustento estrepitoso fracaso deste modelo de gobernanza, e tan só unha revisión completa do sistema poderá atender as urxencias actuais. Agora ben, nos preocupa profundamente que os gobernos do G-20 non estean preparados para exercer o necesario liderazgo. Cada retraso na adopción de decisións de grande alcance cústalles aos cidadáns emprego e benestar”, advertiu Guy Ryder, secretario xeral da CSI.
CONFEDERACIÓN SINDICAL INTERNACIONAL (CSI)
No hay comentarios:
Publicar un comentario