31/3/09

Zuliana Lainez (ANPP -Perú)

A impunidade dos asasinos de periodistas obriga a unha autocensura

Os periodistas en América Latina pagan un alto tributo á liberdade sindical no seu continente. As mulleres periodistas son branco dos ataques de forma particular en razón do seu xénero.
Cómo pode axudalas o sindicalismo e a Solidariedade Internacional?
Respostas de Zuliana Lainez, Secretaria Xeral da Asociación Nacional de Periodistas de Perú

Cáles son as principais actividades da Asociación Nacional de Periodistas do Perú?

Aparte da defensa dos dereitos no traballo e a formación no seno do movemento sindical, consagramos moita enerxía á defensa da liberdade de expresión e da liberdade sindical. A lei peruana recoñece o dereito de organizacións en sindicatos e negociar colectivamente, así como o dereito de folga, sen embargo, a partir dos 90 iniciase unha política neoliberal moi forte que destruíu case todos os sindicatos, entre eles os de xornalistas. Na actualidade non existen sindicatos en tódolos medios. Dificilmente existirán, porque aos periodistas os ameazan con que si se sindicalizan perden o emprego. O noso, é un sindicato por rama da actividade, non é un sindicato de empresa. Calculamos que en Perú hai como 30.000 periodistas e 9.000 son membros do noso sindicato.

En qué medida a violencia contra os xornalistas é un problema en Perú?

En Perú non se asasina á mesma cantidade de xornalistas que en México ou en Colombia, pero, o último asasinato remóntanse a marzo de 2007, e foi dun periodista da radio, Miguel Pérez Julca, que difundiu información comprometedora sobre persoas “con relacións”. Con todo, Perú si é o país que ten a cifra máis alta de agresións físicas. En 2008 xeramos un informe anual onde se estimou déronse 212 agresións a xornalistas. Nos solemos dicir que en Perú o peor inimigo da liberdade de expresión e dos xornalistas é a intolerancia, porque son sempre autoridades (locais, rexionais, ou nacionais) que están sendo investigadas en relación con algún caso, e que de xeito inmediato o que deciden é ameazar ou golpear ao xornalista ou exercerlle un xuízo por algo que non lle gustou que dixeran nos seus medios.

Quen son os que levan a cabo estas agresións físicas?

A maioría das veces é xente pagada, aínda que nos últimos dous anos deuse unha particularidade, no interior do país, son as mesmas autoridades quen agreden fisicamente ao xornalista. Por exemplo, o xornalista está no seu programa de radio ou na cabina de transmisión, e entra o Alcalde a golpes contra o xornalista e contra toda a xente que se encontre aí. Un caso típico son as agresións físicas ao xornalista que vai cubrir manifestacións.
Confúndese moitas veces a posición do medio de comunicación co xornalista como individuo; e o cidadá co que se está manifestando golpea ou insulta verbalmente ao xornalista, sen entender que o xornalista é un traballador como eles, que está facendo o seu traballo.

Qué pode facer o seu sindicato en casos así?

O noso sindicato ten unha oficina dos dereitos humanos do xornalista, e esta oficina conta con tres avogados e unha liña de emerxencia. O xornalista - estea ou non afiliado ao sindicato, porque este servizo está aberto para todos - que estea agredido, ameazado ou ao que lle haxan iniciado un proceso xurídico, pode comunicarse con esta liña, que funciona as 24 horas do día para entrar en contacto directo cos avogados que poden orientarlle sobre que facer. Cando se trata de casos graves, por exemplo dun asasinato, organizase unha campaña de mobilización para facer presión sobre as autoridades a fin de que se faga xustiza e os culpables sexan castigados.

Desembocan estes proceso sen condenas?

Ese é outro dos problemas graves o tema da impunidade. Inícianse procesos que culminan sempre solo na etapa policial e xeralmente as persoas que se sinalan como responsables non son senón chivos expiatorios. Dende os 80 ata hoxe, un 80% dos casos seguen impunes. No resto dos casos, a pena máxima imposta en caso de asasinato, aos autores materiais do crime, nunca vai máis alá dos 25 anos de prisión. Son moi poucos os autores intelectuais dos crimes que resultan sentenciados. A impunidade da que gozan os asasinos leva a unha autocensura, o que ocasiona unha perda de credibilidade da prensa e reduce as liberdades públicas. É o caso en moitos outros países de América Latina, como por exemplo Colombia e México.

Vostede é responsable de dereitos humanos no seo da Federación de Periodistas de América Latina e do Caribe (FEPALC), organización rexional da FIP. É posible organizar unha solidariedade entre os periodistas da rexión?

A grande vantaxe da FIP é que conta con sindicatos en case tódolos países, e que estes sindicatos están interconectados. O luns, antes de vir, asasinaron a un xornalista en México, o primeiro que fixemos foi enviar unha nota a todos os nosos membros informándoos do ocorrido, e obteñense así respostas dos sindicatos que se solidarizan co sindicato mexicano.


Pertence igualmente ao Comité Feminino da CSI, que inclúe como unha das súas prioridades a loita contra a violencia cara as mulleres. Qué papel poden asumir os medios de comunicación a este respecto?

Os medios teñen unha grande culpa en moitas das situacións de violencia contra as mulleres, a causa do contido dos informativos, estereotipos na publicidade, pola cobertura dos feitos. En América Latina, os xornalistas dan cobertura a casos de feminicidios de tal xeito, que o que fan é explotar o morbo do feito máis que aleccionar a sociedade para que non volvan a ocorrer. As agresións contra as mulleres convértense en propios das páxinas policiais. Aos medios e aos xornalistas nos fai falla facer ese auto exame para saber que podemos facer.

Qué se fai, a nivel sindical a este respecto?

A FIP desenvolve dende fai un ano e medio un programa de xénero para os medios, dende a linguaxe nos medios de comunicación ata cómo tratar os crimes contra mulleres. No caso do sindicato peruano en particular, mantemos unha alianza estratéxica con unha ONG que fai un monitoreo de medios sobre cómo aparecen as mulleres nos medios de comunicación. A partir deste estudio fanse reunións con os xornalistas que traballaron esas notas, para facer ver en que erros incorren nas coberturas.

Dende 2004, o noso sindicato ten unha Secretaría de Xénero. Cada 8 de marzo organizase o Encontro Nacional de Mulleres Xornalistas en Perú, coa idea de avaliar condicións laborais e estratexias de acceso a postos de dirección en medios e en sindicatos.
Paralelamente ao que se fai coa ONG, monitoréase de xeito puntual o tema da violencia contra mulleres xornalistas e nese camiño identificamos un indicador interesante, que é que as agresións e ameazas cara as mulleres xornalistas teñen particularidades distintas ás dirixidas contra os homes. Moitas veces inícianse contra elas campañas de desprestixio. Porque cada vez que unha muller xornalista denuncia que un dirixente político a está agredindo ou ameazando, o dirixente político afirma que se trata dun asunto sentimental -cousa que nunca fan cando se trata dun home.

Entrevista realizada por Samuel Grumiau e Mathieu Debroux
CONFEDERACIÓN SINDICAL INTERNACIONAL (CSI)

No hay comentarios:

Publicar un comentario