17 Abril, día internacional da loita campesiña
A masacre de Eldorado de Carajás
Dous anos despois de ser expulsados das súas terras, e tras fracasar no intento de reclamar o seu dereito a asentarse nunha terra non produtiva, preto de 1500 campesiños e campesiñas sen terra e as súas familias, membros do MST (Movemento Sen Terra de Brasil), decidiron marchar cara a capital de estado de Pará, para presentar as súas demandas. A marcha na autopista detívose no Eldorado de Carajás para que as mulleres embarazadas e os nenos puidesen descansar.
Preto das catro da tarde de aquel 17 de abril de 1996, presentáronse 68 policías militares pertencentes ao Pelotón Paraupebas, mentres que outros 87 policías chegaron media hora máis tarde dende Marabá, cercando aos campesiños e as campesiñas entre os dous grupos policiais. Tras lanzar gas lacrimóxeno, a policía abriu lume contra a multitude con armas de repetición e os manifestantes dispersáronse, cando souberon que se estaba usando munición real contra eles. En total, 19 campesiños foron asasinados, 69 sufriron diversas mutilacións e centos foron feridos. Dentro as vítimas polo menos 10 foron executados extraxudicialmente, despois de que estes se rendesen. Outros, a pesar de estar a grande distancia, recibiron disparos na cabeza ou no tórax. Os fiscais, no informe no que se recomendaron a formulación de cargos contra a policía ante os tribunais militares. Chegaron a unhas conclusións claras a partir das probas e testemuñas forenses “Os acusados, sen dúbida, tiveron a intención deliberada de matar e ferir a membros do MST”. Parte das evidencias foron sistematicamente destruídas: formularios de rexistro de armas desapareceron, as tropas quitaran as súas placas de identificación, a detención dunha periodista e a confiscación da súa película… Non hai dúbida de que os abusos contra os campesiños e campesiñas sen terra foron premeditados e de que a orde xudicial de despexar a carretera utilizouse como escusa.
Tanto as autoridades estatais (a policía, o exército), como poderosos terratenentes locais estiveron involucrados na planificación e execución da masacre. Tres semanas antes dos asasinatos, un grupo de terratenentes, entregou publicamente ao Secretario de Seguridade Pública unha lista cos nomes dos líderes do MST que querían “eliminar” da rexión. Amosouse tamén que algúns dos autobuses utilizados polas tropas foron alugados pola mesma empresa minera que desaloxou aos campesiños das súas terras dous anos antes.
Hoxe en día, 13 anos despois dunha das masacres máis brutais perpetradas na historia da policía brasileira, ningún dos responsables foi condenado.

O día internacional da loita campesiña
O mesmo 17 de abril de 1996, mentres tales tráxicos feitos estaban a suceder, a Vía Campesiña celebraba a súa Segunda Conferencia Internacional en Tlaxcala, México. Os líderes campesiños, mulleres e homes de todo o mundo, declararon esa data “Día internacional da loita campesiña” en homenaxe á loita pola terra e aos dereitos campesiños e no Eldorado de Carajás e en todo o planeta. Tódolos anos centos de campesiños e campesiñas son arrestados, oprimidos, intimidades e incluso asasinados pola súa loita.
Máis info: www.viacampesina.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario