30/3/09

Crise alimentaria e traballo decente

O novo informe publicado pola Confederación Sindical Internacional predice un empeoramento da xa grave crise alimentaria mundial a menos que os gobernos e axencias internacionais tomen medidas urxentes. O número de persoas que non teñen suficiente para comer incrementouse en 150 millóns durante 2008, e é probable que a crise económica mundial supoña que 200 millóns de persoas máis se afundan na pobreza absoluta.

O informe “unha receita para a fame: o deterioro alimentario do mundo” apunta como causas principais á especulación financeira e a toma de beneficios masiva por parte dun puñado de multinacionais, xunto co fracaso de políticas levadas a cabo polo Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial. Tamén pon de relevo as repercusións das regras comerciais que reducen a seguridade alimentaria e o impacto do cambio climático. Outro factor importante, mentres gobernos e empresas buscan alternativas aos combustibles fósiles, é o incremento da produción de biocombustibles a costa da produción de alimentos.

Os gobernos están gastándose centos de miles de millóns de dólares en apuntalar bancos e organismos financeiros errados, ao tempo que o Programa Mundial de Alimentos afirma que tódolos nenos famentos do mundo poderían ser alimentados coa sola cantidade de 30.000 millóns de dólares ao ano” dixo Guy Ryder, Secretario Xeral da CSI. “A atención pública está, con toda razón, enfocada na enorme crise económica mundial, pero isto non debería restarlle valor ao feito de que o número total de persoas sen comida suficiente é probable que supere tranquilamente os 1.000 millóns de persoas nun futuro próximo”, engadiu.

Os prezos mundiais dos alimentos baixaron un pouco dende o máximo histórico alcanzado a mediados de 2008, pero seguen sendo superiores aos de principios doa no pasado, e o prezo global dos cereais segue sendo un 71% máis alto que en 2005. Segundo a Organización para a Alimentación e a Agricultura (FAO) da ONU, a crise alimentaria persiste en 32 países do mundo.

A pesar de que os prezos mundiais se estabilizaron ou descenderon con respecto aos máximos recentes, isto non se reflectiu en demasiadas persoas dos países en desenvolvemento, onde o estancamento dos ingresos e a falta de protección social significan a dobre carga dun baixo poder adquisitivo fronte a uns prezos elevados. Segundo Ron Oswald, Secretario Xeral da Federación Sindical Mundial, a UITA, dado que o 75% dos máis pobres do mundo viven en zonas rurais, moitas das persoas que en realidade alimentan ao mundo son a miúdo incapaces de obter unha dieta nutritiva para eles mesmos e as súas familias. “O groso de fame encóntranse nas zonas rurais, e os traballadores agrícolas encóntranse entre os máis inseguros dende o punto de vista alimentario. Están famentos porque son pobres, e son pobres porque os seus dereitos básicos, incluídos os seus dereitos completos como traballadores, son violados a diario. A agricultura hoxe en día mata, mutila, envelena e contamina os corpos e o entorno doméstico e laboral das persoas que producen a nosa comida. Progresar na loita contra a fame significa progresar no traballo decente na agricultura”.

Oswald engadiu: “O feito de que a semana pasado o índice global de materias primas saltará a un 6% superior nun solo día amosa que os máis pobre se vulnerables do mundo seguen sendo prisioneiros das correntes da capital volátil. Deter esta especulación nas vidas humanas mediante regulación da economía mundial e a canalización destas enormes sumas inversións produtivas, incluída a agricultura, debe ser unha das máximas prioridades do pro de la economía mundial y la canalización de estas enormes sumas en inversións produtivas, incluída la agricultura, debe ser una de las máximas prioridades del programa do G20”

Un novo informe proporciona un análise detallado sobre cómo as políticas do FMI e o Banco Mundial e as regras da OMC empuxaron aos países en desenvolvemento a unha produción agrícola orientada á exportación a costa da seguridade alimentaria nacional propia, e cómo a diversidade das axencias internacionais con poder para abordar este problema non lograron garantir a seguridade alimentaria. A especulación nos prezos da comida conduciu a beneficios enormes para un reducido número de empresas comerciais de materias primas, sumamente poderosas, a costa dos países máis pobres en particular, e o cambio precipitado á produción de biocombustibles, cando se proporcionaba tan só o 1,5% do suministro mundial de combustible líquido, xustifica case a metade do incremento no uso de importantes cultivos para alimentos no 2007-2008.
“As presións relacionadas ao cambio climático, como inundacións, secas, escaseo de auga e colleitas pobres, contribúen ao empeoramento da crise. Está claro que as medidas con respecto ao cambio climático son clave para a futura seguridade alimentaria mundial, pero as principais causas desta crise son debidas ao desacreditado modelo da globalización que sitúa ao mercado por diante dos dereitos e intereses das persoas correntes. O cumio do G20 de Londres ten que proporcionar a plataforma de lanzamento para unha transformación completa deste sistema errado”, dixo Ryder.

Para ler o informe completo:
http://www.ituc-csi.org/IMG/pdf/Food_crisis_ES_.pdf

CONFEDERACIÓN SINDICAL INTERNACIONAL (CSI)

No hay comentarios:

Publicar un comentario