21/4/09

Conferencia da ONU sobre o racismo: Declaración de Global Unions

Representantes de Global Unions xunto con mais de corenta sindicalistas que proveñen de 25 sindicatos nacionais participan activamente na Conferencia que avaliará a execución da Declaración e o programa de Acción de Durban 2001, contra o racismo a discriminación racial a xenofobia e as formas conexas de intolerancia.
Sindicalistas de tódalas rexións do mundo están presentes nos traballos da Conferencia que se iniciou este luns 20 abril. Con esta mobilización os sindicatos reafirman o seu compromiso pola erradicación da discriminación racial e a xenofobia no mundo do traballo.
Ao longo da xornada sindical preparatoria “Cara a Conferencia de Durban”realizada na sede da OIT (Xenebra, 18 de Abril), brindouse orientación previa, deliberouse e acordouse subscribir a Declaración na Conferencia de Durban, a cal os urxe a participar construtivamente, asumindo a súa responsabilidade sen abandonar o diálogo que caracteriza a estes foros mundiais.
Neste mesmo sentido, os sindicalistas fixéronse presentes no evento paralelo “Combatendo a discriminación racial a través do traballo decente” organizada pola OIT. P Kalaman, Directora da CSI recoñeceu “os avances logrados polos sindicatos na loita contra a discriminación racial na numerosa delegación sindical presente e afirmou aquí o traballo decente é un instrumento importante de loita contra todo tipo de discriminación”.
Os sindicalistas mantéñense firmes no exercicio do seu dereito á participación como integrantes da sociedade civil. A CSI, a IE e a ISP traballan de xeito coordinado para que esta Conferencia logre os obxectivos expostos, cun documento de referencia que nos permita avanzar de xeito considerable na loita contra o racismo, a xenofobia e tódalas formas de intolerancia sobre todo para os grupos máis vulnerables quen son os que máis o necesitan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario