27/3/09


Xapón: Séguense a denegar os dereitos dos traballadores públicos.

As violacións dos dereitos sindicais e a discriminación son temas que seguen pendentes en Xapón, segundo un informe da CSI sobre normas fundamentais do traballo.
O informe, sinala que moitos traballadores seguen vendo restrinxido o seu dereito a sindicalizarse, sobre todo funcionarios e empregados do sector público. As restricións tamén se dan en relación ao dereito á negociación colectiva, e os traballadores do sector público carecen do dereito a facer folga, mentres que os traballadores do sector privado empregados nos denominados servizos esenciais teñen que dar un aviso de dez días.

Neste senso, o informe solicita ao goberno que axuste a lexislación acorde aos Convenios num. 87 e num. 98 da OIT e que elimine as restricións respecto á negociación colectiva e ao dereito de folga para os traballadores do sector público.

O informe sinala que cada vez é máis difícil sindicalizarse a causa do crecente número de traballadores precarios non – permanentes, o cal ademais repercute gravemente nas condicións laborais e a saúde e seguridade no traballo. Os esforzos de negociación colectiva realizados polos sindicatos son igualmente socavados polo crecente número de empresas holding e empresas de fondos de inversión, onde aos directivos se lles considera legalmente empregadores.
Así mesmo, tal e como se indica no informe, os empregadores viñeron abusando dos programas de formación e de períodos de prácticas para traballadores estranxeiros non cualificados, e moitos traballadores terminaron en obradoiros de explotación laboral ónde se lles forza a traballar longas horas, en condicións perigosas e con salarios por debaixo do mínimo.
O informe tamén fai referencia á discriminación no emprego e nas remuneracións, que segue estando moi presente en Xapón. A pesar das leis para a igualdade de trato, a discriminación indirecta contra as mulleres segue sendo un problema grave. En particular, o sistema dual de escalafóns, que incita ás mulleres a optar pola vía xeral ou pola de traballo de oficina, e o modelo de emprego dos tres chanzos, que divide os postos de traballo dispoñibles en postos directivos permanentes, postos de expertos e postos non permanentes, contribuíron a unha discriminación laboral e salarial persistente.

Para ver o informe completo:

http://www.ituc-csi.org/IMG/pdf/20090216163313-Microsoft_Word_-_Japan_draft_report_2009_final.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario