30/3/09

Madagascar: chamamento para unha saída democrática durable á crise política e social

O movemento sindical internacional lanza un intenso chamamento para que se encontre unha solución durable á crise política e social que tanto pesa sobre os traballadores e traballadoras de Madagascar.

Recordemos que o 13 de Decembro de 2008 o Ministro de Comunicación retirou o permiso dunha estación de televisión pertencente ao Alcalde de Antanariyo, Andry Rajoelina. Esta medida foi o elemento que fixo saltar a chispa e derrocar o réxime no poder, aínda que a confusión siga reinando. Unha Alta autoridade de Transición (HAT) asumiu o poder pero son numerosas, as voces que se levantan para indicar que a Constitución non foi respectada.

Para Guy Ryder, Secretario Xeral da CSI, o que prevalece é un sentimento de profundísima circunspección. “A crise mundial que atravesamos, tal como o indican as últimas estatísticas da Oficina Internacional do Traballo, vai afundir a 200 millóns de traballadores na extrema pobreza, e Madagascar figura entre os países menos avanzados (PMA) do Planeta. A crise social é outra das causas da crise política malgache e todo parece indicar que se está agravando dende decembro. Os traballadores pagaron demasiado caro e durante tempo o prezo de todos estes erros.

A CSI lanzou polo tanto un chamamento enerxético reclamando unha saída democrática inmediata a esta crise. Tódalas cuestións deberán negociarse coa plena participación das organizacións sindicais e deberase prever, aparte da volta ao orde constitucional, medidas sociais sólidas así como investigacións e sancións contra os responsables dos episodios de violencia que se viñeron producindo – en particular o 7 de febreiro pasado, en cuxa ocasión as forzas de seguridade dispararon balas reais contra os manifestantes, matando a 28 persoas e ferindo a 200 máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario