Un novo informe revela unha brecha salarial de xénero no mundo maior do que se pensaba.
O estudio tamén cubre o impacto da crise económica nos postos de traballo e ingresos das mulleres, e revela os custes que implica a violencia contra as mulleres.
O estudio tamén cubre o impacto da crise económica nos postos de traballo e ingresos das mulleres, e revela os custes que implica a violencia contra as mulleres.
A brecha salarial entre homes e mulleres no mundo podería ser moito maior que as cifras oficiais proporcionadas polos gobernos. O informe, “Desigualdade do xénero no mercado laboral”, baseándose nos resultado dunha enquisa realizada a 300.000 mulleres e homes de 20 países distintos, sitúa a brecha salarial mundial nun 22%, fronte ao 16,5% obtido a partir das cifras oficiais dos gobernos.
O estudio-continuación do Informe sobre a brecha salarial do xénero da CSI do 8 de marzo de 2008 – foi redactado por Income Data Services (empresa comercializada no análise salarial, situada en Londres) e está baseado en enquisas por internet realizadas en 2008 pola fundación WageIndicator en países industrializados e en desenvolvemento.
“O informe confirma claramente as vantaxes que implica para homes e mulleres traballadoras a afiliación sindical, tanto máis importantes nestes tempos de crise económica cando os postos de traballo vense seriamente ameazados” dixo Guy Ryder, Secretario Xeral da CSI.
Outros resultados clave do informe son a confirmación de que as mulleres con maiores cualificacións educativas experimentan en realidade unha brecha salarial maior en comparación cos homes son cualificacións similares; que a brecha salarial é menor no sector de emprego público que no privado; e que a brecha salarial aumenta con a idade.
“Existen unha serie de razóns polas que as mulleres seguen gañando moito menos que os homes, como é a discriminación tanto aberta como sutil contra as mulleres no mercado laboral e no lugar de traballo, o xeito en que os empregadores (sobre todo no sector privado) xestionan as promocións a postos de traballo mellor pagados, e a falta de protección da maternidade para mulleres e baixa por maternidade para homes e mulleres”, sinalou Shara Burrow, Presidenta da CSI e da central sindical australiana Australian Trade Union Centre (ACTU).
Un novo vídeo especial da CSI sobre a protección da maternidade intenta chamar á atención na relación aos problemas aos que se enfrontaban as mulleres traballadoras á hora de equilibrar o traballo e as tarefas do fogar, e na comunidade.
Impacto da crise económica nas mulleres.
O informe examina así mesmo o impacto da recesión económica nas posibilidades das mulleres de ter un emprego e contar con ingresos.
As crises anteriores tiveron consecuencias especialmente negativas para as mulleres de países en desenvolvemento empregadas nos sectores industriais da exportación e da agricultura. Os recortes en gastos en sanidade, protección social e educación por parte dos gobernos solen afectar tamén máis as mulleres. Ademais hai que restar especial atención aos impactos que teñen as respostas políticas nas mulleres, no contexto das medidas do goberno que se toman para abordar a actual crise.
“A tendencia mundial a cambiar o emprego regular polo traballo da subcontratación e de axencia tamén afectan de xeito particular ás mulleres, e estes postos de traballo precario serán os primeiros en desaparecer cando os empregadores reduzan persoal pola recesión mundial. Miles de millóns de mulleres que traballan no servizo doméstico e como traballadores migrantes se enfrontan a perder ou perderon os seus postos de traballo, co que os fogares do mundo que xa están pasando apuros veranse especialmente afectados por isto”, dixo Ryder.
Un capítulo especial do informe aborda tamén os terribles costos humanos e económicos que supón a violencia contra as mulleres, examinando de preto o seu impacto nos fogares, na sociedade e no traballo. O informe cita cifras da OMS que denuncian cómo nalgúns países a maioría de mulleres experimenta agresións físicas e intimidación psicolóxica, mentres que unha media mundial de preto dun terzo das mulleres son vítimas da violencia nalgún momento das súas vidas. Xunto cos danos físicos e mentais duradeiros causados pola violencia contra as mulleres, o informe da claras probas das súas consecuencias económicas no emprego e na situación económica que supón. Danse exemplos dos custes económicos totais da violencia contra as mulleres en varios países, con cifras globais totais de decenas e incluso centos de miles de millóns de dólares.
“ Os sindicatos de todo o mundo están traballando para erradicar a violencia contra as mulleres con medidas por parte dos gobernos, incrementando a concienciación e tamén a través de medidas que se levan a cabo nos lugares de traballo. Facemos un chamamento a tódolos gobernos para que traballen xuntos a fin de establecer un panorama completo das causas e efectos da violencia contra as mulleres, incluíndo un análise dos enormes costos económicos que se engaden ás consecuencias para as mesmas mulleres e para a sociedade”, dixo Burrow.
Enlace al vídeo:
http://www.youtube.com/watch?v=BBGcZ_-nwiE
Para ler el informe completo: http://www.ituc-csi.org/IMG/pdf/GAP_ES_09.pdf
O informe está elaborado como parte da campaña Global Unions “Traballo Decente – Vida decente para as mulleres”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario