27/3/09

O racismo é incompatible co traballo decente

A discriminación baseada no color, orixe étnico ou pertenza cultural ou relixiosa é un fenómeno insidioso e variable, difícil de cuantificar e combater. Nembargante, se tódalas partes interesadas amosan unha verdadeira vontade política, pode chegar a lograrse un mundo libre de discriminación.

A Conferencia das Nacións Unidas sobre a revisión do Programa de Acción e a Declaración de Durban (Sudáfrica – 2001) contra o Racismo, a Discriminación Racial, a Xenofobia e as Formas Conexas de Intolerancia, que terán lugar do 20 ao 24 de abril de 2009, é unha oportunidade para que tódolos Estados reafirmen o seu compromiso concreto en favor da eliminación de tódalas formas de discriminación.

Esta Conferencia é de vital importancia no contexto actual, onde as repercusións na vida dos traballadores e traballadoras afectados, pero tamén no bo funcionamento da economía e das sociedades en xeral. O movemento sindical internacional seguiu moi de preto o proceso de preparación, participará activamente na Conferencia e mobilizará a tódalas súas organizacións para garantir a aplicación das decisións que se adopten.

No contexto de crise, o incremento do desemprego e da mobilidade terá consecuencias sociais alarmantes, especialmente para aqueles que pertencen ás minorías étnicas, culturais e ou relixiosas concentradas en determinadas rexións do mundo. Na actualidade, a erradicación do racismo no lugar de traballo é un reto fundamental ante o que se encontra ao movemento sindical internacional.

“ O traballo decente é unha das respostas claves para facer fronte á crise económica e financeira mundial” declarou Guy Ryder, Secretario Xeral da CSI. “o racismo e a discriminación son incompatibles co concepto de traballo decente” engadiu.

Ao participar na Conferencia, os sindicatos do mundo enteiro enarbolan a súa loita e compromiso de poñer fin á discriminación en tódalas súas formas para que os millóns de homes e mulleres que agora se encontran sen emprego, confinados a determinadas ocupacións, privados de oportunidades de ascenso no traballo, con baixos salarios ou vítimas de intimidación e acoso poidan vivir e traballar en condicións decentes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario