27/3/09

Maitreyi Shankar (KKPK – India)

Protexer os medios de vida dos recuperadores de residuos á vez que se protexe o ambiente.

Na cidade de Pune, na India, un sindicato logrou melloras tanxibles para os recuperadores de residuos, un traballo informal 90% feminino. Maitreyi Shankar, unha das activistas do Colectivo de recolectores de residuos KKPKP, presenta o enfoque consistente en promover un modelo de recuperación de residuos que resulte tanto ambiental como socialmente sostible.

Cómo naceu os eu sindicato?

En 1990, o plantel de Pune dunha universidade feminina de Mumbai (antiga Bombai), a SNDT Woman University, comezou a impartir cursos de educación non formal para nenos e nenas de barrios marxinais. A maioría dos participantes a estas clases eran fillos e fillas de recuperadores de residuos. Os coordinadores do proxecto déronse conta entón, que para mellorar a vida destes nenos, era necesario comezar por traballar cos pais. Trataron de entender o que representaba o traballo deestas persoas e o número delas activas neste sector. Ao principio, os recolectores de residuos pensaron que os coordinadores do proxecto eran representantes da policía ou outras autoridades gobernamentais, que a miúdo os acosan, polo que temían proporcionar as súas sinais. Nembargante, cando se deron conta de que o seu obxectivo era axudalos, comezaron a identificarse.

Qué tipo de postos de traballo son?

Estimase que en Pune, hai entre 9000 e 9500 recuperadores de residuos, dos que o 90% son mulleres. 6500 son membros do noso sindicato. Existen varios tipos de recuperación de residuos: os que recollen os residuos nas rúas e nos cubos de lixo da vía pública; os que traballan nos vertedoiros; os que se desprazan cunha carretilla para comprar os residuos domésticos que teñen un pouco máis de valor e que a xente non tira directamente ao lixo (botellas de cervexa, papel,...). O noso sindicato realizou unha campaña dirixida ás autoridades para integrar unha dimensión ecolóxica á xestión de residuos: antes todo o lixo depositábase en cubos ao longo da vía pública, os camións municipais pasaban regularmente para levalos ao vertedoiro, un proceso que resultaba custoso.
Nos promovemos a separación de residuos nos fogares. As familias dividen os seus residuos entre biodegradables e non biodegradables, os nosos membros pasan de casa en casa para recuperalos e vender o que sexa posible vender. O que non pode ser reciclado, envíase aos vertedoiros, e os residuos biodegradables se transforman en compost in situ.
En 2007 realizamos un estudio para determinar que tipos de residuos rematan nos vertedoiros, encontrouse que o 90% destes residuos son biodegradables. Polo tanto, dos 85 a 90 camións cargados de residuos que circulaban tódolos días , 80 non deberían facelo. É un malgasto de recursos por parte do goberno.

O seu enfoque está en consonancia coa promoción de empregos verdes da CSI e a OIT...

Efectivamente. Sen embargo, o noso obxectivo non é crear novos postos de traballo, senón dar seguridade á vida dos recuperadores de residuos. A tendencia actual é contratar empresas privadas par xestionar os residuos nas cidades. Por exemplo, dise que cidades como Surat (Estado de Gujarat) parecen moi limpas, pero en realidade, unha empresa privada recolle tódolos residuos e os trata mediante unha tecnoloxía de incineración.
Nos, polo contrario, promovemos un modelo socialmente viable que protexe os medios de vida dos recuperadores de residuos, o cal resulta positivo no plano ecolóxico e presenta un baixo custo.

Tódolos recuperadores de residuos de Pune son traballadores/as do sector informal?

Están rexistrados no sindicato. Toda persoa que se afilia recibe unha tarxeta de membro que enviamos ás autoridades do municipio, estas poñen un selo e unha firma, tanto do departamento de sanidade como da xestión de residuos sólidos. É moi útil para loitar contra o acoso da policía: en caso de problema, poden utilizar esta tarxeta e explicar que o municipio os autoriza a recoller os residuos nun determinado lugar. Introducimos este sistema a partir de 1996, cando os recuperadores de residuos identificados deron como prioridade máis importante a necesidade de recoñecemento do seu traballo e rematar co acoso. No municipio de Pune é a primeira entidade local da India que se expediron documentos de identidade aso recuperadores de residuos.

Cáles son outras das principais vantaxes de ser membros do seu sindicato?

Que están amparados por un sistema de seguro médico. Unha vez máis, obtivemos o apoio das autoridades de Pune, que paga a prima deste seguro. O sindicato é o intermediario entre os traballadores/as e a empresa de seguros. Anteriormente, cando un traballador enfermaba, non buscaba tratamento médico porque lle resultaba demasiado costos. Con este sistema de seguro, os membros teñen acceso a mellores servizos de sanidade. Intentamos establecer alianzas con diversos hospitais a fin de obter subvencións para algúns tratamentos médicos máis especializados. Tamén estamos examinando posibles arranxos con certos hospitais, de xeito que os nosos membros poidan recibir tratamento sen ter que pagar por adiantado e esperar ao reembolso dos gastos, é o sindicato o que paga ao hospital.

Pode dicirse que existe a negociación colectiva neste sector?

Si, a veces. Por exemplo, estamos negociando coas autoridades para que prevexan na xestión de espazos para os recuperadores de residuos, onde poidan efectuar a separación o argumento é que si as autoridades municipais poden reservar espazos para aparcamentos, por qué no poderían facelos tamén para actividades que protexen o ambiente, como a clasificación de residuos?. Cando os recuperadores recollen grande cantidade de residuos nunha bolsa, deben clasificalos para separar o vidro, o papel, o plástico o metal. En xeral, o fan ao lado dunha rúa ou preto dunha tenda. A xente se molesta con eles, xa que os acusa de ocupar os seus espazos. Queremos que se asignen espazos en diferentes zonas da cidade para que poidan clasificar alí os seus residuos antes da súa venda.



A venda de residuos é oficial?

Non, é informal, xa que os venden aos comerciantes polo miúdo. En xeral, estes os venden a persoas que poden almacenalos en grandes cantidades, quen a súa vez os revenden aos grandes comerciantes e estes aos recicladores. Estas dúas últimas categorías sitúanse na economía formal, traballan con máis capital. O sistema de venda opera como unha pirámide, o que fai que os recuperadores de residuos perdan grande cantidade de diñeiro. No futuro, poderíamos ver a posibilidade de que os recuperadores vendan directamente os residuos aos grandes comerciais, pero o problema é que estes non compran cantidades tan pequenas.
Unha das iniciativas do noso sindicato foi crear unha primeira tenda que compra residuos de primeira mano, xa que moitos compradores enganan aos nosos membros. Por exemplo, cando levan dez quilos de residuos, lles pagan tan so nove. Este tipo de tenda creada polo sindicato garante que as mulleres reciban un prezo xusto e tamén que reciban o 10% dos beneficios da tenda. É como unha cooperativa, pero a primeira tenda unicamente engloba a 35 mulleres nunha zoa. As autoridades nos concederon espazo para outras catro tendas deste tipo.

Existe un problema de traballo infantil neste sector?

Nun primeiro estudio sobre este tema, en 1995, descubriuse que había 650 nenos e nenas recuperadores de residuos en Pune, e que todos eran fillos ou fillas dalgún dos nosos membros. Así que comezamos unha campaña contra o traballo infantil dirixida aos nosos membros. Ademais, ao longo dos últimos dez anos, as políticas relativas á ensinanza cambiaron, o goberno fixo que a ensinanza primaria sexa máis accesible, abriu un maior número de escolas. Estes dous factores deron lugar a moitos cambios. En 2007, realizouse un segundo estudio no que se observou que había 360 nenos recuperadores de residuos en Pune, dos cales tan só 40 eran fillos dos nosos membros. Fai dez anos, os nosos membros pensaban que si daban unha educación aos seus fillos, de todos modos non conseguirían un emprego, pero como recibiran unha educación, non estarían dispostos a recoller residuos, permanecerían en casa e serían unha carga financeira para os pais. Actualmente, os nosos membros, desexan que os seus fillos teñan acceso a unha boa educación para que non teñan que facer o mesmo tipo de traballo.

Cal é o ingreso destas traballadoras e traballadores?

O ingreso diario oscila en torno a 2 dólares por día. Teñen que traballar de 8 a 10 horas diarias para conseguir esa cantidade e teñen que cambiar moito.
Aqueles que seguen o modelo de promovermos, a recollida dos residuos nos fogares, gañan a mesma cantidade en 4 ou 5 horas de traballo.
Desexamos engadir valor a este tipo e residuos, promover un tratamento a través de recuperadores de residuos que posúen certa instrución, ou a través dos seus fillos, que asistiron á escola. Son os propios recolectores de residuos os que mellor entenden este tipo de negocio.

Cáles son os problemas de saúde e seguridade deste tipo de traballo?

Un dos maiores problemas para as mulleres son os dores de costa, xa que cargan un peso enorme sobre as súas cabezas ou en bolsas sobre as súas costas. Moitos tamén son vítimas de mordeduras de can, ou se cortan con anacos de vidro. Ademais os grandes contedores de residuos na vía pública son realmente altos, é preciso saltar ao interior, e algunhas traballadoras ocasionanse fracturas ao caer. Durante o monzón, os recuperadores de residuos tamén poden electrocutarse ao entrar en contacto con fíos eléctricos que se encontran ao descuberto. A súa mala alimentación tamén provoca varios problemas, como a anemia. O noso sindicato asociouse cunha empresa para estudar os suplementos nutricionais que poderían resolver os seus problemas alimentarios. Iniciamos un programa de sanidade no que inicialmente efectuamos probas aos recolectores de residuos para ver si padecen anemia, diabetes, problemas de tensión arterial – cando se lles diagnostica algún problema deste tipo son enviados a hospitais máis grandes. Os nosos membros reciben igualmente vacinas contra o tétano nestes campamentos sanitarios.

Coopera con outros sindicatos?

Hai o redor de 20 organizacións que traballan cos recolectores de residuos en toda a India. Algunhas son sindicatos, outras son cooperativas u organizacións caritativas.
O movemento sindical e moi forte en Pune, incluído na economía informal, e existe unha boa cooperación entre sindicatos de diferentes sectores da economía informal. En 2007, dous dos nosos empregados visitaron SEWA, a Asociación de traballadoras por conta propia (membro da CSI), para entender o sistema de seguro por saúde, e nos preguntamos se non poderíamos asociarnos con SEWA porque no noso programa o reembolso dos gastos médicos pagados por un membro de antemán tarda moito tempo: a compañía de seguros busca todos os medios para retrasar os reembolsos. Nembargante, para asociarnos a SEWA, é preciso superar varios obstáculos, como o feito de que SEWA traballa principalmente no Estado de Gujarat, mentres que do noso lado a prima do seguro a paga o Goberno de Maharashtra.

Entrevista realizada por Samuel Grumiau

No hay comentarios:

Publicar un comentario