Guatemala: violenta represión xeneralizada contra os traballadores.
Publicase un novo informe sobre as normas fundamentais do traballo en Guatemala para que coincida coa revisión da política comercial deste país na OMC. O informe amosa cómo os sindicalistas están sendo discriminados, ameazados e incluso asasinados débido as súas actividades sindicais.
Publicase un novo informe sobre as normas fundamentais do traballo en Guatemala para que coincida coa revisión da política comercial deste país na OMC. O informe amosa cómo os sindicalistas están sendo discriminados, ameazados e incluso asasinados débido as súas actividades sindicais.
O informe da CSI condena especialmente a inercia do goberno de Guatemala para garantir que os asasinatos de sindicalistas sexan investigados e xulgados. “Debe pórse inmediatamente fin aos asasinatos, as ameazas de morte e ao acoso” declarou Guy Ryder, Secretario Xeral da CSI. “ A continua represión violenta do dereito dos traballadores e traballadoras a formar e a afiliarse a un sindicato amosa que o goberno non está cumprindo coa súa obrigación de aplicar os Convenios da OIT que ratificou, e que os sindicalistas non teñen liberdade de levar a cabo as súas tarefas sindicais sen poñer en risco a súa vida, engadiu.
Segundo o informe, debido as deficiencias xurídicas e á feroz intimidación por parte de moitos empregadores, tan só está sindicalizado un tres por cento dos traballadores e traballadoras. A CSI insiste en que o goberno de Guatemala harmonice a súa lexislación en conformidade cos Convenios 87 e 98 da OIT.
O informe considera que os abusos, a discriminación, o maltrato e o acoso sexual contra as mulleres nas maquiladoras das zonas francas de exportación son unha práctica común. Puideron formarse sindicatos tan só en tres das 200 maquiladoras activas no país. Existen casos documentados de mulleres que deben pasar probas de embarazo antes de ser contratadas, o que constitúe unha grave violación dos seus dereitos humanos e unha clara violación do Convenio num. 111 da OIT sobre discriminación, ratificado por Guatemala en 1960.
Para ler o informe completo: http://www.ituc-csi.org/IMG/pdf/Examen_OMC_feb2009_-_Guatemala.final_ES.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario