27/3/09

Rosane Da Silva ( CUT-Brasil)

“ Para cambialo mundo hai que cambiar a vida das mulleres”

Rosane Da Silva, membro do Comité Feminino da CSI e responsable nacional das traballadoras na CUT, avalía a situación relativa á desigualdade, o impacto da crise sobre as traballadoras e a violencia contra as mulleres en Brasil.

Xa poden percibirse as consecuencias da crise financeira nas traballadoras de Brasil?

As mulleres brasileiras traballan principalmente nos sectores máis precarios e na economía informal. A crise vai a acentuar esta tendencia, porque as mulleres son as primeiras en ser despedidas. Dende o punto de vista cultural, segue pensándose que a función principal dunha muller brasileira é o coidado da familia, non ocupar un posto de traballo remunerado. Considerase que as mulleres deben situarse principalmente na esfera privada, mentres que os homes traballan na esfera pública. Necesítase tempo para cambiar ideas tan arraigadas na sociedade. Entre tanto, son as traballadoras as que son o branco principal dos despedimentos. Certamente algunhas empresas despiden traballadores porque realmente están sufrindo coa crise, outras a utilizan como pretexto para os despedimentos.
As traballadoras tamén son vítimas dos recortes dos gastos sociais aplicados polas autoridades debido á crise. Estes gastos inclúen os orzamentos para a educación e saúde, dos sectores onde hai moitas mulleres. Os sindicatos obtiveron recentemente do goberno central a promesa de non reducilo gasto social, inclusive a promesa de aumentalo, pero aínda debe ser aprobada polo Congreso.
Ademais, están os enormes orzamentos sociais de tódolos estados federados, que tamén se ven ameazados son reducións.

Ata que punto as traballadoras brasileiras son vítimas das desigualdades salariais en comparación cos seus compañeiros masculinos?

En promedio, os salarios das brasileiras son un 30 por cento inferiores que os dos brasileiros. Esta inxustiza derivase da idea de que o emprego dunha muller é un “complemento” que se engade ao ingreso familiar, pero cada vez hai máis mulleres brasileiras que son cabeza de familia, que viven solas. Os sindicatos e outros movementos sociais recoñeceron a necesidade de abordar estes conceptos.

Cal é o nivel de representación da muller no CUT?

Aproximadamente o 40 por cento dos membros da CUT son mulleres, pero tan só hai 6 mulleres entre os 25 máis altos dirixentes. Os nosos estatutos establecen un mínimo do 30 por cento de mulleres presentes en tódalas reunións, pero na práctica, este porcentaxe é o máximo!

A loita contra a violencia de cara á muller é unha das prioridades da CSI. Cal é a situación de Brasil neste ámbito?

Unha lei ratifica en 2004, protexe ás mulleres contra a violencia en xeral. Hai debates en todo o país sobre as diferentes formas de violencia contra a muller, que van dende o abuso emocional ata o asasinato. Os brasileiros solen considerar á súa muller como unha propiedade, o que provoca traxedias. En 2008, por exemplo, en Sao Paulo, unha moza de 16 anos foi mantida pechada nos eu domicilio ao longo de catro días polos eu mozo porque ela quería deixalo. Ao carto día, o mozo a asasinou. Nunha cidade fronteiriza con Uruguai, Santana do Livramento, existe moita violencia doméstica, os que matan a unha muller refúxianse en Uruguai e viceversa. As mulleres desta rexión están tratando de obter un protocolo que permita que os autores das violencias poidan ser xulgados a ambos lados da fronteira.
No lugar de traballo, o acoso sexual e o moral son moi intensos, en tódolos sectores. É moi difícil traballar sobre estes temas: ademais da cuestión cultural, as mulleres que denuncian teñen temor ás represalias, tamén senten vergoña co seu compañeiro.

Qué poden facer os sindicatos para axudalas?

Falar do tema, educar ás mulleres, apoiar a quen teñen valor de denunciar brindando axuda psicolóxica, xurídica... todo, os nosos sindicatos locais ofertan este tipo de servizo. Nun exemplo recente, unha muller apoiada pola CUT denunciou o acoso de que era vítima e gañou o xuízo ante os tribunais. O sindicato fixo públicos os feitos. Por temor a unha publicidade demasiado negativa, a empresa decidiu tomar como medida despedir á persoa culpable do acoso. Sen embargo, debemos recoñecer que este tipo de casos é raro, xa que a maioría das mulleres non se atreven a denunciar os abusos.
Facemos campaña para facer entender que non importa onde se produza a violencia contra as mulleres, sexa no traballo o en calquera outro lugar, hai que denunciala e que os sindicatos están a disposición das mulleres para axudalas nesta loita. Solas, as vítimas non logran presentar unha denuncia e obter xustiza, pero se senten que teñen quen as axude e quen as acompañe ao longo deste proceso, que realmente non é sinxelo, quizás logren facelo.

A CSI está organizando a súa primeira Conferencia Mundial sobre a Muller, do 19 ao 21 de Outubro de 2009 en Bruxelas. Cales son as súas expectativas para este acontecemento?

Queremos a adopción dunha resolución que declare con toda claridade que é preciso loitar contra todas as desigualdades das que son vítimas as mulleres, non só no lugar de traballo, senón tamén no seno do movemento sindical. As resolucións de a CSI, sexa que aborden a violencia doméstica, a desigualdade salarial ou de outro tipo, pódennos axudar a discutir cos nosos gobernos, dan máis peso ás nosas reivindicacións. Así mesmo, amosan que non é unha loita illada, senón unha loita global.

Asistiu vostede ao último Foro Social Mundial en Belem, na Amazonia brasileira. Qué retén dese acontecemento?

O feito de celebrar o Foro na rexión amazónica incrementou o interese dos participantes polo tema do cambio climático. Os debates sobre a crise tamén demostraron que tódalas organizacións sindicais e tódalas ONG do mundo vénse directamente afectadas, tamén subliñou a importancia dunha maior unidade entre os traballadores e traballadoras do mundo enteiro para loitar contra as súas repercusións. Dende o momento en que nos damos conta de que a crise será longa, é importante saber que os traballadores non son os responsables dela. A crise é un momento propicio para reflexionar sobre o sistema capitalista mundial, a fin de construír outro modelo baseado máis na valorización do traballo e a democracia participativa.
Na CUT, o Foro permitiunos unirnos máis estreitamente con algunhas ONG, con movementos como a Marcha Mundial das Mulleres.

Entrevista realizada por Samuel Grumiau y Mathieu Debroux

No hay comentarios:

Publicar un comentario