27/3/09

Rahdia Belhadj Zekri (UGTT, Túnez)

A igualdade nos sindicatos do Sur do Mediterráneo? Xa é hora de pasar das recomendacións as accións.

Cales son os retos, os adiantos, os obstáculos e as medidas en relación á igualdade nos países do Sur do Mediterráneo?
No marco do Foro sindical Euromed, as mulleres de cinco centrais sindicais da rexión – Alxeria, Xordania, Marrocos, Palestina e Túnez, avaliaron a situación durante unha conferencia celebrada recentemente en Túnez.
Rahdia Belhadj Zekri, membro fundadora do Comité das mulleres traballadoras da UGTT e experta coordinadora do informe de síntese deste proceso, nos explica cómo evoluciona a situación da muller, na sociedade en xeral e nos sindicatos en particular, nesta rexión, e reclama máis medidas concretas e máis democracia.

Cómo evoluciona o lugar que ocupa a muller no espazo privado?

A excepción de Túnez, os códigos da familia sempre adxudican un papel inferior ás mulleres. É verdade que se deron varios progresos resaltables, sobre todo en Marrocos, ónde a ruptura en 2004 co antigo Código do Estatuto Persoal constitúe o adianto máis significativo. En Alxeria tamén, se lograron algunhas enmendas a favor das mulleres, principalmente para loitar en contra do matrimonio prematuro. En Xordania introducíronse restricións específicas á poligamia. En Palestina as leis introducidas polas autoridades do país supuxeron cambios positivos, aínda que o estatuto persoal sigue dependendo esencialmente das leis relixiosas, musulmáns ou cristiáns. Por tódalas partes as mulleres mobilízanse intensamente, o cal permitiu levar a cabo enmendas e reformas. Isto é esperanzador, pero segue sendo insuficiente.
Por outro lado, os catro países ratifican o Convenio sobre a eliminación de tódalas formas de discriminación contra a muller (CEDAW, polas súas siglas en inglés). Nembargante o fixeron con numerosas excepcións que por desgraza limitan os resultados, especialmente con relación á nacionalidade e ao matrimonio.

Lográronse grandes progresos en canto á educación das nenas nos países árabes. A carga de analfabetismo está realmente desaparecendo?

O índice de escolarización de nenas en primaria e en secundaria é igual a dos nenos, e incluso superior no caso de Xordania, Túnez e os Territorios Palestinos ocupados. É a nivel dos canais de orientación profesional onde se dan as maiores discriminacións, e os nenos permanecen maioritariamente nas ramas técnicas, máis prometedoras en materia de emprego.
O analfabetismo feminino, está efectivamente diminuíndo, pero segue sendo superior a o dos homes; as diferenzas varían dun país a outro. En Marrocos, a pesar dunha forte mobilización, segue sendo do 66% para as mulleres en comparación co 40% para os homes.

Qué me di sobre a participación das mulleres na vida política da rexión?

Segue sendo escasa: hai un 23% de mulleres parlamentaria sen Túnez, 11% en Marrocos e 6% en Alxeria e en Xordania. Esta presenza débese moito á mobilización dos movementos de mulleres nestes países que permitiron o establecemento de cotas, como é ocaso de Xordania e Palestina. A nivel ministerial, a presenza dalgunhas mulleres en Marrocos, Palestina e Túnez non segue sendo máis que simbólica e relegada aos terreos que lles están tradicionalmente reservados, como a saúde, a infancia, a cultura e evidentemente os asuntos femininos.

Os cinco países firmaron os Convenios da OIT que limitan a discriminación contra a muller (100, 111, 112) e ratificaron a prohibición de toda discriminación nas súas lexislacións nacionais. Cal é a situación na práctica?

Os progresos na educación non se traduciron en termos dunha participación da muller na economía. A presenza feminina no mercado de traballo segue sendo escasa, con disparidades importantes entre países, por un lado, e entre cidades e pobos, polo outro.
As desigualdades se manteñen en termos de remuneración, xerarquía e promoción – o famoso “teito de cristal”. As mulleres ocupan unha promoción maior de empregos peor pagados e menos estables que os homes, e observase unha concentración moi elevada de mulleres que traballan na agricultura. O índice de desemprego feminino é tamén máis alto. En Palestina, no sector privado, as mulleres reciben por realizar un traballo de igual valor o 60% do salario que se lles asigna aos homes.

En canto ao acoso sexual no lugar de traballo, cómo evolucionan as mentalidades da rexión?

En Marrocos, Alxeria e Túnez aprobáronse reformas ao Código Penal para castigar aos perpetradores, pero son aínda moi insuficientes e estas prácticas se seguen silenciando moito. As mulleres sindicalistas se están mobilizando especialmente en Alxeria, para reforzar o traballo de concienciación e esixir medidas de protección para as testemuñas.
Nas cinco centrais sindicais concernentes establecéronse estruturas específicas para as mulleres.
Cáles foron os resultados?

As mulleres conseguiron efectivamente crear no seo das centrais sindicais comisións da muller traballadora encargadas de defender as reivindicacións específicas das mulleres.
Pero a pesar das labores de presión e de formación emprendidas por estas estruturas de base, as mulleres seguen estando practicamente ausentes na parte superior da escala da xerarquía sindical. A súa representación é particularmente pobre nas estruturas de xestión e de toma de decisións. En Túnez, por exemplo, non hai mulleres nos servizos administrativos. Non obstante, cabe sinalar o adianto que tivo lugar en Alxeria onde, dende 2008, 15 mulleres forman parte da comisión executiva nacional.

Qué factores condicionan a escasa participación das mulleres na actividade sindical?

Debese ao mesmo tempo ao contexto social e cultural en xeral, e ao mundo sindical en particular. Os obstáculos de orden social reflicten o desaxuste entre o papel real que desempeña a muller na sociedade e a imaxe que se ten ao respecto. Considerase que a muller debería contribuír cada vez máis ao orzamento familiar mediante ao seu traballo e, non obstante, a intolerancia de cara á súa ausencia no fogar e as dificultades as que se enfronta para combinar o traballo e as tarefas domésticas a falta dunha participación equitativa por parte dos membros masculinos da súa familia, segue sendo tan aguda como sempre. Con tódalas dificultades que xa ten para manter unha xornada laboral dobre, Cómo podería arranxarse para sobrelevar o triplo da xornada de traballo que esixiría a súa implicación sindical? A ausencia de garderías e cantinas escolares complica aínda máis a súa vida cotiá. Nos sectores de actividade máis precaria, ónde o índice de mulleres é moi elevado, a actividade sindical expón, entre outros, o risco de castigos e incluso o despido.
No plano cultural, o espazo público, e polo tanto o mundo sindical, segue estando percibido como un lugar reservado aos homes. Á muller das sociedades árabes lle resulta moi difícil implantar a súa presenza nun espazo mixto. A visión patriarcal, encargada de desvalorizar á muller en xeral e as actividades sindicais en particular, segue tendo un impacto considerable. As mulleres interiorizan a miúdo todos estes factores xuntos, o que xera falta de confianza, baixa estima, inhibición e as veces desánimo para afrontar os espazos públicos e para perseverar na loita pola igualdade.

E cales son os obstáculos inherentes ao universo sindical?

A falta de medidas concretas (poder elixir os horarios das reunións, ausencia de garderías) no seo mesmo dos sindicatos non se fomenta precisamente a presenza das mulleres. E nos sindicatos persisten ademais correntes conservadoras en relación á participación das mulleres na vida pública. Por outro lado, a falta de democracia dentro dos sindicatos espanta a moitas mulleres e as incita as veces a participar activamente en organizacións de mulleres.

Que estratexia conviría desenvolver para fomentar a igualdade de xénero no seo dos sindicatos e a súa integración a tódolos niveis de toma de decisións?

Formulamos múltiples recomendacións. É sobre todo esencial fomentar a sindicalización das mulleres, en particular das mulleres activas na economía informal, e promover políticas sindicais de defensa para os que se encontren nas situacións máis precarias, neste caso as mulleres, que constitúen a dimensión de xénero.
Promover o acceso das mulleres a postos de decisión require o establecemento de cotas proporcionais e progresivas, así como a consolidación das súas capacidades de liderado. É preciso que se recoñezan as necesidades específicas das mulleres no interior dos sindicatos e fai falla seguir concienciándoas sobre a utilidade dos sindicados e desenvolver unha oferta de servizos específicos para as mulleres traballadoras. Establecer vínculos de solidariedade e complementariedade con outros actores da sociedade civil é tamén un eslavón clave.
Pero a conclusión esencial do noso traballo e que xa e máis que hora de traducir todas estas recomendacións, formuladas repetidas veces, en programas e plans de acción con programas e medidas de acompañamento, avaliación e control.

Para facer avanzar a causa da igualdade, vostede insiste tamén moito na necesidade de loitar por unha maior democracia e transparencia...

Os grandes desafíos os que se expón a igualdade requiren efectivamente reformas profundas das estruturas e do modo de funcionamento, orientadas cara unha xestión máis descentralizada, máis democratice e máis transparente. É un combate no interior dos sindicatos pero tamén nas sociedades en xeral. Os sindicatos deben implicarse plenamente na batalla pola democracia nos seus respectivos países e contribuír cos compoñentes da sociedade civil para construír un entorno político plural e aberto, propicio á difusión dos valores de igualdade e de xustiza
Entrevista realizada por Natacha David

No hay comentarios:

Publicar un comentario