Non ten fin a violencia en Colombia
Bruxelas, 27 de marzo de 2009: Os asasinos de líderes sindicais e a violencia contra o sindicalismo continua pese as afirmacións en contrario das autoridades colombianas. Ramiro Cuadros Roballo, Walter Escobar Marín, José Amado Castillo e Alexander Pinto Gómez foron asasinados este mes de marzo, co que se suman oito asasinatos de sindicalistas en 2009.
Bruxelas, 27 de marzo de 2009: Os asasinos de líderes sindicais e a violencia contra o sindicalismo continua pese as afirmacións en contrario das autoridades colombianas. Ramiro Cuadros Roballo, Walter Escobar Marín, José Amado Castillo e Alexander Pinto Gómez foron asasinados este mes de marzo, co que se suman oito asasinatos de sindicalistas en 2009.
Ramiro Cuadros Roballo, afiliado ao Sindicato de Mestres do Val (SUTEV) filial da Federación Colombiana de Docentes (FECODE) no Departamento do Val do Cauca viña recibindo ameazas dende anos atrás, as cales se incrementan ao finalizar o ano pasado. Fixéranse as denuncias pertinentes ante os organismos competentes e ante o Comité de Ameazados e Desprazados do Val que estudaba o seu caso, xa que o profesor Cuadros Robayo, había cumprimentado o procedemento previsto no decreto 3222 de 2003 para que se lle outorgara calidade de docente ameazado. O 24 de marzo cando se dispoña a desprazarse no seu carro ao seu lugar de traballo, foi abordado por uns sicarios que lle dispararon e se déron á fuga.
Walter Escobar traballaba na institución educativa “José María Carbonell” do municipio de Cali, departamento do Val do Cauca. Os feitos que rodearon o seu asasinato descoñécense, xa que o seu cadáver apareceu no municipio de Palmira o 21 de marzo. Facía 8 días que non asistía a súa institución educativa.
José Alejandro Amado Castillo e Alexander Pinto Gómez da Penitenciaría de Alta e Mediana Seguridade de Girón Satander tamén foron asasinados no mes de marzo. Cando volvían nun vehículo oficial de regreso aos seus fogares, foron asasinados por sicarios que se desprazaban en moto. Ambos eran integrantes da Asociación Sindical de Empregados do Instituto Nacional Penitenciario e Carcerario INPEC ASEINPEC, organización filial da CGT.
Na carta enviada ao Presidente Uribe (http://www.ituc-csi.org/IMG/pdf/otros_cuatro_sindicalistas_asesinados_marzo_1_.pdf) Guy Ryder, Secretario Xeral da CSI pide ao Goberno Nacional e a Fiscalía Xeral da Nación que se investiguen exhaustivamente – e se esclarezan – os feitos e se castigue exemplarmente aos autores materiais ou intelectuais destes crimes. É de suma importancia, sinalou Guy Ryder “que se faga dunha vez por todas o necesario para poñer fin a esta larga lista de asasinatos que está sufrindo dende fai demasiado tempo o sindicalismo colombiano”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario