27/3/09

CONFEDERACIÓN SINDICAL INTERNACIONAL (CSI)

Violacións as normas fundamentais do traballo en Brasil

Un novo informe da CSI sobre as normas fundamentais do traballo en Brasil, elaborado co fin de coincidir coa revisión da súa política comercial por parte da Organización Mundial do Comercio (OMC), pon de manifesto deficiencias na aplicación e o cumprimento das normas fundamentais do traballo, particularmente con respecto as violacións dos dereitos sindicais, o traballo forzoso e o traballo infantil.

Entre as violacións máis graves das normas fundamentais do traballo identificadas no informe encóntranse as violacións dos dereitos sindicais nas zonas rurais, onde os empregadores son particularmente hostís ás organizacións sindicais e ónde son frecuentes a violencia e as represalias contra os sindicalistas, así como listas negras.

Ademais, o informe sinala que a discriminación no acceso ao emprego e a remuneración é frecuente, con graves repercusións para a muller e os afro - brasileiros

Aínda cando o número de nenos que traballan está diminuíndo, calcúlase nas peores formas de traballo infantil. A prostitución infantil é un verdadeiro problema e o número de nenos da rúa en Brasil é moi importante.

Por último, existe en Brasil un grave problema de traballo forzoso, especialmente nas zonas rurais, a tala de bosques, a vivenda, a produción de carbón e a agricultura e varios nenos se ven forzados a facer este traballo.
A Organización internacional do Traballo calculou que o número de persoas que traballan en condicións de escravitude ascende aproximadamente a 40.000 (2003).
A inspección aumentou, pero o número de condenas segue sendo demasiado baixo.

Para ler o informe completo:

No hay comentarios:

Publicar un comentario