27/3/09

CONFEDERACIÓN SINDICAL INTERNACIONAL (CSI)

O movemento sindical internacional esixe un capítulo sociolaboral no acordo da Asociación América Central - Unión Europea (AdA)

Entre o 30 de marzo e o 3 de abril celebrarase en Tegucigalpa a 7ª rolda das negociacións do Acordo de Asociación (AdA) entre América Central e a Unión Europea. O movemento sindical internacional esixe que se integre no Acordo un capítulo sociolaboral que inclúa o pleno respecto dos dereitos humanos e sindicais, incluídos os oito convenios fundamentais da Organización Internacional do Traballo (OIT).

A CSI lanzou un chamamento as súas afiliadas para que escriban aos seus gobernos e a quen están a cargo da negociación do Acordo de Asociación pedindo que se faga todo o necesario a fin de incluír tamén mecanismos de avaliación coa participación do movemento sindical, un fondo de cohesión social aos efectos de superar as asimetrías na rexión centroamericana e que non se pechen as negociacións ata que non se fagan os estudios de impacto ambientais e sociolaborais necesarios.

“É fundamental aproveitar esta oportunidade para facer deste acordo un instrumento importante na loita para terminar coas violacións ao dereito á vida, aos dereitos humanos e sindicais e fortalecer a democracia a fin de que traia consigo o benestar para todos os traballadores e traballadoras concernidos”, sinalou Guy Ryder, Secretario Xeral da CSI.

A Coordinadora Sindical de América Central e o Caribe (CSACC), a Confederación Centroamericana de Traballadores (CCT) e a Confederación Europea de Sindicatos (CES) enviaron unha carta conxunta http://www.ituc-csi.org/IMG/pdf/CartaAbierta.AdA.pdf aos negociadores de ambas rexións coas súas reivindicacións na relación ao Acordo de Asociación AC-UE na que demandan que as propostas sindicais sexan incorporadas no AdA a fin de que se regulen e superen as condicións de violación dos dereitos humanos e laborais que se manifestan, en particular, nas violacións ao dereito á vida, a liberdade sindical e a impunidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario