7/5/09

Xornadas Traballo Decente para unha Vida Decente

Traballo Decente para unha Vida Decente é unha campaña que Solidariedade Internacional de Galicia, xunto con ISCOD a través de diferentes actividades están a desenvolver na comunidade autónoma dende o ano 2008.


O traballo decente é un concepto desenvolvido pola organización internacional do traballo e apoiado por sindicatos, ONG e outras organizacións da sociedade civil. Este concepto implica a necesidade de que se creen postos de traballo en suficiente cantidade e que ademais sexan empregos de boa calidade. O concepto de traballo decente está constituído fundamentalmente pola creación de empregos, os dereitos dos traballadores e traballadoras, a protección social e o diálogo social.


No marco desta campaña nos próximos días recibiremos a visita de María Eugenia Díaz Díaz, Coordinadora do Programa da muller de CALDH - Guatemala (www.caldh.org)


O programa dos dereitos da muller de CALDH, ten cómo obxectivo o de fortalecer a autonomía e o papel protagonista , individual e colectivo, das organizacións de mulleres contrapartes na súa capacidade de análise, proposta, articulación e incidencia cómo parte do movemento de mulleres no exercicio e defensa dos dereitos dende o local, nacional e C.A.


Guatemala conta con máis de 700 empresas maquiladoras funcionando con privilexios por parte do Estado que lles permiten violar os dereitos laborais das mulleres que alí traballan. A súa intervención céntrase nos 6 municipios onde se encontran localizadas as industrias maquiladoras: Guatemala, Villa Nueva, Amatitlán, San Pedro Sacatepéquez, San Juan Sacatepéquez e Chimlatenago.


María Eugenia Díaz Díaz visitará as seguintes cidades co obxectivo de achegar á poboación galega á situación á que se enfronta a muller en Guatemala con respecto aos dereitos laborais.



LUNS 11 DE MAIO


Mugardos: I.E.S. Mugardos


Ferrol: C.E.I.P. Ludy


Ferrol: Galería Sargadelos xunto coa asociación cultural Fuco Buxán (www.fucobuxan.com) as 20:00h.



MARTES 12 DE MAIO


Melide: I.E.S. Melide


Pontevedra: Xornadas formativas na tenda de Comercio Xusto de Solidariedade Internacional de Galicia, Galerías de la Oliva, local 4 ás 19:00h.



MÉRCORES 13 DE MAIO


Pontevedra: I.E.S. Xunqueira


Bueu: Casa nº2 rúa Eduardo Vicenti ás 20:00h.



XOVES 14 DE MAIO


Ourense: Xornadas abertas en Ourense coa colaboración do Concello.



VENRES 15 DE MAIO


Ourense: Xornadas formativas na Tenda de Comercio Xusto de Solidariedade Internacional de Galicia rúa da Paz nº 8 ás 17:00h.


Carballiño: Auditorio Municipal, Avenida do Balneario s/n ás 20:00h.


SABADO 16 DE MAIO


A Coruña: Xornadas formativas na Tenda de Comercio Xusto de Solidariedade Internacional de Galicia rúa Cordelería nº79 ás 12:00h.


A Coruña: Centro SocioCultural Caixa Galicia ás 18:00h. rúa Médico Rodríguez

Xornadas abertas xunto con Carlos Céspedes membro de I.D.E.A.S. (iniciativas de Economía Alternativa e Solidaria) primeira entidade española que desenvolve o Comercio Xusto con Organizacións do Sur (África, América Latina e Asia) a través de programas de cooperación, asistencia técnica, importación, distribución e venda de produtos artesanais e alimenticios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario