
A pobreza, o cambio climático e a crise financeira están manufacturados. Iso pode cambiarse...
Comercio Xusto é unha forma alternativa de comercio promovida por varias organizacións non gobernamentais, por Nacións Unidas e por movementos sociais e políticos que promoven unha relación comercial xusta entre produtores e consumidores.
O día mundial do comercio xusto é un gran día para o planeta, é unha celebración internacional con acontecementos que se celebrarán en maís de 80 países.
A próxima fin de semana, o día 9 de maio o mundo espertará ao ritmo dos tambores do DÍA MUNDIAL DO COMERCIO XUSTO 2009 a iniciativa World Fair Trade Organization (WFTO) - Organización Mundial do Comercio Xusto. Nesta ocasión leva por lema "Big Bang!!!! Faite oír polo Comercio Xusto" e celébrase baixo as premisas: golpea a pobreza, golpea o cambio climático e golpea a crise financeira.
Un festival mundial que se prolongará ao longo de 24 horas das cales se escoitarán tambores para promover os principios nos que se asenta o Comercio Xusto.
Comezando en Nova Zelanda o Big Bang!!! Chegará a tódolos rincóns do planeta con multitude de eventos en lugares como Xapón, Kenia, Madrid, Londres ou Seattle.
Por onceavo ano consecutivo Solidariedade Internacional de Galicia, únese e convídate á celebración deste día nas seguintes cidades:
SÁBADO 9 de MAIO de 11 a 20h.
Coruña: Xardíns Méndez Núñez *
Santiago: Praza Cervantes *
Pontevedra: Praza da Peregrina *
Vigo: Praza de América *
Vilagarcía: Praza de Galicia
Lugo: Praza Maior*
Ourense: Rúa do Paseo *
DOMINGO 10 de MAIO de 11 a 20h.
Monforte de Lemos: Rúa Cardeal.
Ferrol: praza da Constitución *
MÉRCORES 13 de MAIO de 11 a 20h.
Bueu: Rúa Eduardo Vicenti.
*Nestas cidades, Solidariedade Internacional de Galicia, participa xunto con outras ONGDs, da festa que organiza a Coordinadora Galega de ONGD.
Ao longo de todo o día, desenvolveranse feiras de comercio xusto con... actividades de ocio para nenos e nenas (pintura de cara, obradoiros, contacontos e xogos interculturais);
degustación de repostería feita con produtos de comercio xusto, música en vivo...
De 12:00 a 12:05, terá lugar baixo o son dos tambores, batucadas e caceloradas o Big Bang!!!!
Como cidadán ou cidadá podes facer oír a túa voz.
Ven a crear un novo Big Bang para pedir un mundo máis xusto.
Ven a celebrar connosco o día internacional do Comercio Xusto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario