G20: apoio á regulación, pero sen un paquete claro de medidas de estímulo
Bruxelas, 23 marzo de 2009: A medida que as organizacións sindicais de todo o mundo comezan a exercer unha presión coordinada sobre os gobernos con miras á preparación do cumio do G20, que se celebrará en Londres á próxima semana, as respostas dos gobernos amosan que existen perspectivas para avanzar en varias das propostas sindicais a favor dunha maior regulación financeira, sen embargo, a posibilidade de acordo sobre outras cuestións clave tales como a magnitude do paquete de medidas económicas de apoio para a recuperación mundial segue sendo incerta.

As centrais sindicais nacionais dun grande número de países, entre eles Albania, Arxentina, Bélxica, Bulgaria, Canadá, República Checa, España, Xapón, Malí, Marrocos, Polonia, Sudáfrica e Suecia xa entregaron aos seus gobernos a “Declaración de Londres”, a cal establece un amplo conxunto de medidas que o cumio do G20 precisa aprobar. O paquete de medidas tamén discutiuse nunha reunión especialmente convocada da CSI e a Confederación Europea de Sindicatos co Presidente da comisión Europea, Xosé Manuel Barroso, hoxe en Bruxelas.
“Parece que se están dando pasos de cara a unha regulación efectiva dos mercados financeiros e bancarios, así como a favor da loita contra o efecto destrutivo dos paraísos fiscais sobre os ingresos dos gobernos e a necesidade dunha actuación decidida respecto ao cambio climático, sen embargo aínda non se chegou ao acordo necesario sobre o estímulo económico.
Así mesmo, segue sen estar claro se concederá á Organización Internacional do Traballo un papel central, á par dos organismos financeiros internacionais e os organismos de comercio na configuración da nova economía mundial”, declarou o Secretario Xeral da CSI Guy Ryder. O día de hoxe, en Xenebra, Guy Ryder dirixiu unha reunión especial tripartita de alto nivel sobre a crise no Consello de Administración da OIT.
Como parte das recomendacións de política sindical para o G20, o movemento sindical internacional está facendo presión para que se preste unha grande atención ao mantemento e á creación de empregos decentes. O emprego é a clave para a construción dun novo sistema mundial sostible e estable, capaz de garantir que os beneficiarios da actividade económica se distribúan equitativamente e de xeito a manter a demanda económica.
Os sindicatos do mundo enteiro seguirán buscando o apoio gobernamental para o paquete de medidas, a través das reunións programadas cos gobernos nacionais e as institucións internacionais, ata a véspera do Cumio de Londres. Así mesmo, se manterán conversacións co grupo G8 das principias economías en Roma, onde os dirixentes sindicais celebrarán unha reunión especial este domingo.
Para ler a declaración de Londres véxase http://www.ituc-csi.org/IMG/pdf/No_16_-_G20_London_Declaration_FINAL.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario